Como xa anuniamos hai uns días a través do Facebook, o Concello de Santiago accedeu á petición da Asociación de Artrite de Santiago a iluminar a fachada do Pazo de Raxoi en verde o día 1 de outubro con motivo da celebración do Día Nacional da Artrite y Espondiloartrite. Tamén se iluminarán as Torres Hejduk na Cidade da Cultura, que serán visibles dende moitas partes da cidade. E non só en Santiago; edificios emblemáticos de diferentes cidades uniranse á celebración e homenaxe deste día.
O que pretendemos con este acto é dar unha homenaxe ás persoas que padecen esta enfermidade así como facer visible unha enfermidade bastante descoñecida pola maioría da poboación e concienciar á cidadanía dos retos que debemos superar día a día.
Para celebrar este día tan especial desde a AAS animámosvos a unirvos a nós na Praza do Obradoiro onde queremos compartir con vós e a vosa familia un rato todos xuntos, no que disfrutaremos da iluminación e compartiremos un chocolate quentiño para pasar mellor a velada.
Para iso esperamos contar coa túa participación e a dos teus familiares! Vémonos alí!
Amosando publicacións coa etiqueta dia nacional da artrite b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta dia nacional da artrite b>. Amosar todas as publicacións
29 de setembro de 2016
13 de outubro de 2014
Homenaxe a Marisa Balado
O pasado 3 de outubro foi a X Xornada Nacional da Artrite,
que rematou coa homenaxe a Marisa Balado, como principal promotora da
creación da asociación, hai xa case 10 anos. Un acto emotivo, no que
quixemos recoñecer o labor desta gran loitadora, e no que
a propia Marisa tamén expresou o seu agradecemento a esta "gran
familia", ás persoas que compartiron con ela a xestión da asociación
durante estes anos, e á súa familia que sempre a apoiou e acompañou.
![]() |
| Marisa Balado durante o acto de homenaxe |
28 de setembro de 2014
X XORNADA NACIONAL DE ARTRITE: Por ti e polos demais, fala!
Como en anos anteriores, o próximo mes de outubro celebraremos a campaña “Outubro, mes da artrite”, impulsada por ConArtritis.
O lema escollido para este este ano é “Por ti e polos demais ¡Fala!”. Atendendo á situación actual e os cambios que se están producindo na Sanidade e Servizos Sociais do noso país, as persoas con enfermidades crónicas, como son os diferentes tipos de artrite, debemos de coñecer os nosos dereitos como pacientes, as axudas e recursos cos que podemos contar e como debemos afrontar o día a día convivindo coa enfermidade.
As actividades que organizamos en Santiago enmarcadas dentro desta campaña son:
- Mesas informativas, o día 1 de outubro no Hospital Clínico, no Hospital Provincial de Conxo e no Ambulatorio Concepción Arenal.
- X XORNADA NACIONAL DE ARTRITE, o día 3 de outubro na aula nº 1 do Hospital Clínico de Santiago a partir das 17:00 h. Contaremos cun interesante programa, e ao finalizar o acto servirase un pequeno aperitivo.
Estas Xornadas están declaradas de interese científico pola Sociedade Española de Reumatoloxía.Pregamos comunicar asistencia chamando ao teléfono da Asociación: 659 084 950 ou ao email: info@artrite-santiago.org
Descargar programa das xornadas
7 de outubro de 2013
Presentación de Outubro, mes da artrite
Baixo o lema cre en ti, crea o teu futuro', a 'Outubro, mes da artrite' centrarase en facer ver os pacientes que deben "apropiarse do control da enfermidade" para que esta non se apodere das súas vidas, manténdose activos o maior tempo posible e facendo exercicio físico de forma regular.
"É moi común ver pacientes que deixan en mans dos médicos o tratamento da súa enfermidade. O certo é que son eles os que deben indicar as pautas a seguir para alcanzar unha melloría, pero se o paciente non adopta unha serie de hábitos, toma conciencia de que, en boa medida, depende del encontrarse mellor, e realmente cre que pode vivir con normalidade, resulta moi complicado que as dores, as limitacións de movemento ou o entumecemento das articulacións, síntomas propios da artrite reumatoide, non dominen ao paciente", sinalou Antonio I. Torralba, presidente de ConArtritis.
| Santiago Muñoz, Antonio Torralba e Maje Navarro |
Pola súa banda, o presidente da SER, o Dr. Santiago Muñoz Fernández, asegura que "é fundamental que os pacientes se impliquen de xeito moi activo na súa enfermidade dende o diagnóstico, o tratamento e no seu día a día, para que aprendan a convivir con ela o antes posible. Nas patoloxías reumáticas en xeral e na artrite reumatoide en concreto, a adherencia ao tratamento é clave para mellorar a calidade de vida dos enfermos, polo que esa implicación é básica para adiantarse ao progreso da doenza,".
Se che interesa informarte sobre a artrite, non faltes á IX Xornada Nacional de Artrite, en Santiago de Compostela, o día 11 de outubro.
4 de outubro de 2013
IX Xornada Nacional de Artrite
Unha das actividades contempladas na campaña "Outubro, mes da artrite", é a organización da IX Xornada Nacional de Artrite. Impulsada por ConArtritis, a xornada desenvolverase en 19 cidades españolas.
Este ano, por primeira vez, tamén se levará a cabo a xornada na vila de Redondela, o día 5 de outubro, da man dunha nova Asociación de artrite de recente creación. A Asociación de Artrite de Santiago estará acompañando e apoiando esta iniciativa. A información sobre as actividades no resto de cidades, pode consultarse na web de ConArtritis.
Centrándonos na xornada de Santiago de Compostela, e organizada pola nosa asociación, contaremos coa presenza de profesionais que nos falarán de diferentes aspectos relacionados coa artrite.
A psicóloga Dna. Enma Mayo, centrarase nas necesidades das persoas con artrite. A reumatóloga Dra. Eva Pérez Pampín centrarase nas síndromes e enfermidades asociadas á artrite. E o reumatólogo Dr. Juan Gómez-Reino Carnota exporá os tratamentos biolóximos e biosimilares que poden aplicarse en diferentes tipos de artrite.
Despois das súas explicacións, haberá lugar para o coloquio, e as persoas asistentes poderán facerlle preguntas aos profesionais, para resolver calquera dúbida.
Terá lugar o vindeiro 11 de outubro no Hospital Clínico (Sala 1), a partir das 17:00 h. Confirma a túa asistencia no teléfono 659.084.950. Esperámoste!
Ver programa

1 de outubro de 2013
Día Nacional da Artrite
Hoxe, 1 de outubro, é o Día Nacional da Artrite.
Como xa adiantamos, no marco da campaña "Outubro, mes da artrite", levaremos a cabo actividades co obxectivo de sensibilizar a informar sobre esta doenza, sobre a que existe gran descoñecemento e moitos prexuízos e ideas equivocadas.
MESAS INFORMATIVAS. Ao longo da mañá de hoxe, manteivemos catro puntos de información, a través dos cales demos a coñecer a asociación, os diferentes tipos de artrite, os tratamentos e terapias que poden axudar a calmar a dor, e outras dúbidas das persoas que se achegaron ata alí. Este ano ampliamos cobertura, pois contamos cun total de catro mesas: dúas no Hospital Clínico, unha no Hospital de Conxo, e outra no Centro de saúde Concepción Arenal.
IX XORNADA NACIONAL DE ARTRITE. Como vén sendo habitual, neste mes celebraremos tamén unha xornada informativa, en forma de mesa redonda, na que participarán persoas expertas neste eido. A xornada está dirixida principalmente a persoas que padecen artrite, así como as súas familias e persoas interesadas no tema. A asistencia é libre e gratuíta. Terá lugar o vindeiro 11 de outubro no Hospital Clínico de Santiago (Sala 1), a partir das 17:00 h.. Ver programa.

22 de setembro de 2013
Outubro, mes da artrite 2013
O lema elixido para este ano é "Cree en ti, crea tu futuro", co obxectivo de facer ver que, aínda que son os especialistas os que pautan os tratamentos a seguir e recomendan como debe ser o día a día, os pacientes son realmente os que teñen que coller as rendas da situación, adoptar unha actitude positiva, e crer nas súas posibilidades para que cada mañá se levanten con máis forzas e ganas de seguir gozando da vida, a pesar de que ás veces teñan limitacións.
Esta idea únese ás que deron orixe á campaña, que non son outras que aumentar a visibilidade da artrite reumatoide, a artrite psoriásica, a artrite idiopática xuvenil e a espondiloartrite, mellorar a calidade de vida das persoas que as padecen, e favorecer a relación coas administracións públicas, sociedade científica, empresas farmacéuticas e outros colectivos de interese.
A campaña engloba actividades que se realizarán por toda a xeografía española, sendo a Asociación de Artrite de Santiago a encargada de organizar os actos de Santiago de Compostela, dos que iremos informando nos próximos días.
6 de novembro de 2012
Así foi a VIII Xornada Nacional de Artrite
Para celebrar o Día Nacional da Artrite, e baixo o lema "Nuestra marcha continúa", ConArtritis organizou actividades a desenvolver en diferentes puntos de España.
Santiago de Compostela, a través da Asociación de Artrite de Santiago, acolleu dous actos desta xornada, que tiveron lugar o día 1 de outubro. Foron dúas mesas informativas e a celebración da Xornada, tal como anunciamos no seu día.
A xornada espertou gran interese, e acudiron máis dun centenar de persoas.
Algunhas fotos dos actos:
XORNADA NACIONAL DE ARTRITE
MESAS INFORMATIVAS

19 de setembro de 2012
Día Nacional da Artrite. A nosa marcha continúa
A Asociación de Artrite de Santiago levará a cabo os seguintes actos:
VIII Xornada Nacional de Artrite
Un encontro e un espazo de coloquio entre pacientes e expertos na materia.
- Onde: Hospital Clínico de Santiago. Sala nº 1.
- Cando: 1 de outubro. De 17:30 a 19:30 h.
Mesas informativas en hospitais
Onde se poderá encontrar toda a información para coñecer a enfermidade e resolver todas as dúbidas que se teñan.
- Onde: Na entrada principal e consultas externas do Hospital Clínico de Santiago, e na entrada principal do Hospital Provincial de Conxo.
- Cando: 1 de outubro. Pola mañá.
28 de setembro de 2011
Outubro, mes da artrite | 2011
Como
en anos anteriores, a Coordinadora Nacional de Artrite (ConArtritis)
celebrará o próximo mes de outubro a campaña "Outubro, mes da
artrite".
O
propósito desta campaña é informar a pacientes, familiares e
cidadanía en xeral das peculiaridades da nosa doenza, onde
responderemos ás súas dúbidas e achegaremos o material informativo
que sexa necesario.
Baixo
o lema "Implícate
en saúde"
preséntase este ano un programa de actividades que se realizarán en
diferentes puntos de España, para concienciar ás persoas con artrite
da importancia de coñecer a súa enfermidade e manter unha vida
saudable, así como intentar dar a coñecer á poboación en xeral o
que supón convivir con artrite.
O
noso afán é mellorar a calidade de vida das persoas con artrite e
queremos pedirche que te impliques en saúde, na túa saúde.
É
moi importante para as persoas que sufrimos a enfermidade, as nosas
familias, amizades ou o noso ámbito en xeral estar informado. O feito
de mostrarse pasivo produce malestar e encerra grades dúbidas que
tal vez non nos permiten realizar as nosas actividades diarias de
forma satisfactoria, por iso nesta campaña pedímosche que
participes, que te impliques.
Ofrecémosche
coñecer a nosa enfermidade, informar dos tratamentos que existen e
trataremos de dar respostas e apoio.
Os
actos previstos para este ano son os seguintes:
VII
Xornada Nacional de Artrite:
onde
se creará un encontro e un espazo de coloquio entre pacientes e
expertos na materia.
En
Santiago
de Compostela,
esta xornada celebrarase en colaboración coa Asociación de Artrite
de Santiago o día 6
de outubro
na sala 1 do Hospital Clínico, a partir das 17:00 h.
Mesas
informativas en hospitais,
centros de saúde e centros de especialidades: onde se poderá
encontrar toda a información para coñecer a enfermidade e resolver
todas as dúbidas que se teñan.
Como
cada ano, tamén a nosa asociación colabora nesta actividade,
organizando estas mesas informativas no Hospital
Clínico (entrada
principal e de consultas externas) e no Hospital
Provincial de Conxo
(entrada principal), o día 4
de outubro.
10 de outubro de 2010
Fotos das mesas informativas do Día Nacional da Artrite
O día 1 de outubro, Día Nacional da Artrite Reumatoide, a Asociación de Artrite de Santiago organizou dúas mesas informativas no CHUS e no Hospital Provincial.
Poñemos algunhas fotos dese día no CHUS.
Na sección "prensa" tamén se pode ver as conexións en directo que fixo a Televisión de Galicia desde o programa A Revista.
Poñemos algunhas fotos dese día no CHUS.
Na sección "prensa" tamén se pode ver as conexións en directo que fixo a Televisión de Galicia desde o programa A Revista.
1 de outubro de 2010
1 de outubro, Día Nacional da AR
Hoxe conmemórase o Día Nacional da Artrite Reumatoide, que ten como principal obxectivo concienciar á poboación xeral sobre esta doenza.
Nunha data importante coma a de hoxe, a Asociación de Artrite de Santiago instalará mesas informativas no CHUS e no Hospital Provincial, co obxecto de sensibilizar sobre a Artrite Reumatoide, sobre a importancia de acudir canto antes ao especialista para conseguir un diagnóstico precoz e ralentizar na medida do posible o avance da enfermidade, e informará tamén sobre a propia asociación.

21 de setembro de 2010
VI Xornada Nacional de Artrite Reumatoide
O mes de outubro é o mes da artrite. Unha das actividades previstas para conmemorar o Día Nacional da Artrite (1 de outubro) é a celebración da VI Xornada Nacional de Artrite Reumatoide, que co lema "Coñécea, véncea" celebrarase o vindeiro 7 de outubro no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS).
O conxunto de relatores da xornada está formado por socios da Asociación e por persoal sanitario especialista en reumatoloxía. Sen dúbida serán de gran interese, polo que vos animamos a asistir.
Ver díptico
Ver programa
Onde: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (CHUS)
Cando: 7 de outubro de 2010 a partir das 18:00 h.
Asociacións doutros lugares, coa colaboración de ConArtritis, están a organizar esta xornada en diversas cidades. Podedes ver os lugares, datas e programas na páxina web de ConArtritis.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)