Amosando publicacións coa etiqueta lire. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lire. Amosar todas as publicacións

29 de maio de 2014

40º Congreso da Sociedade Española de Reumatoloxía

Os días 21, 22 e 23 de maio, Santiago de Compostela acolleu o 40º Congreso da Sociedade Española de Reumatoloxía, que reuniu a reumatólogos e reumatólogas de todo o país.

Neste evento científico fíxose unha actualización dos máis novidosos avances tanto no diagnóstico e abordaxe, como no tratamento de algunhas das máis de 250 enfermidades que se engloban dentro das patoloxías reumáticas e que se estima afectan a case 11 millóns de persoas en España. 

A Sociedade Española de Reumatoloxía habilitou un espazo no Congreso para as asociacións de pacientes. Así, a Asociación de Artrite de Santiago puido ter presenza no congreso, xunto a ConArtritis, Liga Española de Reumatoloxía, a Liga Reumatolóxica Galega, FELUPUS, Asociación Española de Síndrome de SjögrenAcción Psoriais e a Coordinadora Española de Asociaciónes de Espondilitis

Por primeira vez, deuse voz aos pacientes no congreso de reumatoloxía, a través da ponencia de Antonio Torralba, presidente de ConArtritis, que tratou sobre a visión do doente enmarcada no tema: "necesidades non cubertas na artrite reumatoide".

Agradecemos dende aquí á Sociedade Española de Reumatoloxía o feito de ternos reservado un espazo ás asociacións do sector. 

Deixamos unhas fotos tomadas durante eses días.