4 de marzo de 2025

 

 

 

    


ConArtritis-Santiago promove o Programa de Autonomía Persoal: unha ferramenta de soporte integral para persoas con artrite e espondiloartrite

 

Santiago, 03 xaneiro 2025 – O Programa de Autonomía Persoal, cofinanciado pola Fundación ONCE a través do Plan de Prioridades, desenvolto durante o ano 2024, brindo un servizo esencial ás persoas afectadas por artrites e as súas familias. Este programa, executado por ConArtritis Santiago e xestionado por COCEMFE, consolidouse como un recurso fundamental para mellorar a calidade de vida dos beneficiarios.

A través deste programa, ofreceuse atención integral a todas as persoas asociadas e os seus familiares, así como ao público en xeral. "O noso equipo está comprometido en atender consultas, proporcionar acompañamento e escoita activa, resolver dúbidas e ofrecer apoio na xestión de discapacidade e incapacidade. Ademais, facilitamos derivacións a outros organismos ou profesionais cando é necesario, garantindo así un enfoque holístico", sinalan desde ConArtritis-Santiago.

O Programa de Autonomía Persoal non só se limita á atención individual. Tamén organiza talleres, charlas e actividades complementarias que fomentan a divulgación e a xestión da enfermidade na vida cotiá. Estas iniciativas buscan empoderar ás persoas afectadas polas enfermidades reumáticas brindándolles ferramentas prácticas para afrontar a súa día a día. Nesta liña, as charlas, talleres (mindfulness e nutrición) convertéronse nunha parte importante do programa, xa que poñen o foco nunha mellora de hábitos que repercute directamente no día a día das persoas con artrites, permitíndolles alcanzar uns obxectivos moi concretos: lograr unha adherencia a hábitos saudables e técnicas de relaxación que contribúen ao benestar físico e emocional.

Así mesmo, o programa refórzase con charlas informativas e divulgativas, onde profesionais expertos no tratamento destas enfermidades reumáticas, como o xefe do servizo de reumatoloxía do CHUS, Dr. Antonio Mera Varela, ou a Dra. Eva Pérez Pampín, compartiron información sobre os últimos fármacos para tratar estas afeccións e outros consellos sobre saúde e estilo de vida que permiten mellorar o día a día dos enfermos.

O programa tamén conta con sesións de psicoloxía e fisioterapia individual. Unhas actividades deseñadas para apoiar ás persoas afectadas pola enfermidade e a dor crónica, así como aos seus familiares, proporcionando un espazo para a aprendizaxe e a práctica de técnicas que faciliten a xestión da dor eo estrés.

Do mesmo xeito, as sesións de Marcha Nórdica cumpren coa finalidade impulsar non só unha actividade física que mellora a mobilidade articular e a percepción da dor, senón que tamén fomenta a socialización entre os participantes.

Nesta mesma liña de integración social encadráronse os Grupos de Xestión da Dor, unha ferramenta moi eficaz brindando unha contorna solidaria onde os participantes poden compartir experiencias, estratexias e recursos para afrontar a dor crónica", sinala Sandra Mugico delegada de ConArtritis-Santiago

Grazas ao apoio financeiro da Fundación ONCE a través do Plan de Prioridades, o programa puido expandir os seus servizos e chegar a un maior número de persoas que necesitan este tipo de asistencia para mellorar a súa convivencia cunha enfermidade crónica e incapacitante moitas veces.

 








 

 

 

0 comentarios:

Fai un comentario: