23 de xuño de 2014

Terapias complementarias

O pasado 13 de xuño tivo lugar a charla sobre terapias complementarias nas enfermidades reumáticas, organizado a través da Escola Galega de Saúde do Sergas. Neste obradoiro explicáronse os tipos de medicina: tradicional, alternativa, complementaria e integrativa. Dentro de estas últimas explicáronse as distintas categorías e cales son as máis recomendables para a artrite.

É importante facer fincapé na importancia de que se decidimos utilizar estas terapias debemos comentarllo ao noso reumatólogo porque algunhas poden ter contraindicacións e que se acudimos a profesionais que tamén teñan coñecementos de medicina moito mellor.

Deixamos unhas fotos dese día.



19 de xuño de 2014

Meditación, Tai-chi e Chi Kung tamén en xullo

Este ano por primeira vez poderemos contar cun "mes extra" de Meditación, Chi Kung e Tai Chi Clásico, xa que seguimos a actividade durante o mes de Xullo. Seguiremos disfrutando no exterior e con máis horas de Tai Chi á semana que nunca:

Toda a información sobre horarios, prezos, etc. en http://orient-arte.blogspot.com.es

"Só medramos cando somos desafiados.... Os músculos non se fortalecen sen resistencia... As facultades mentais non se agudizan sen pensamento crítico...O espírito non se eleva sen algo que o emocione..."


2 de xuño de 2014

Asociación de Artrite de Santiago en facebook

Recentemente, dende a Asociación de Artrite de Santiago unímonos ao facebook.

É indubidable que esta rede social é usada por moita xente, polo que nos axudará a divulgar información de interese sobre a artrite e a dar a coñecer as actividades que levamos a cabo.


Esperamos que esta páxina vaia medrando pouco a pouco en número de seguidores, ata formar unha gran comunidade virtual.

Síguenos en  www.facebook.com/artritesantiago