Nesta ocasión visitaremos dous pazos galegos de singular beleza: o Pazo de Oca, situado no concello da Estrada, e o Pazo de Santa Cruz de Rivadulla (Armada), no concello de Vedra. De ambos destaca a espectacularidade dos seus xardíns.
Sairemos dende o centro sociocultural de Fontiñas (Rúa Berlín, 13, Santiago) ás 10:30h.
A cota inclúe:
- Visita ao Pazo de Oca
- Visita ao Pazo de Santa Cruz de Rivadulla
- Xantar en Ponte Ledesma (Casa Rafael)
- Autocar e seguro de viaxe
Para máis información, contacta co teléfono da asociación: 659084950.
Se che apetece pasar este día connosco, pregamos comuniques a asistencia o antes posible chamando a ese mesmo teléfono. O prazo límite para o pago será o 2 de xullo.
Esperámoste!