30 de novembro de 2015

Instruccións previas, que son?

O documento de instrucións previas é aquel no que unha persoa maior de idade, capaz e libre, manifesta anticipadamente a súa vontade sobre aquelas actuacións médicas a recibir ou non, co fin de que esta sexa respectada e cumprida no momento en que por determinadas circunstancias non sexa quen de expresala persoalmente.
Este documento supón un paso máis no recoñecemento do dereito de autonomía dos pacientes, permitíndoselles decidir sobre os coidados e o tratamento da saúde que desexan recibir ante situacións futuras.


Existe un rexistro galego de instrucións previas dependente da Consellería de Sanidade no cal, quen o desexe, poderán inscribir o seu documento de instrucións previas, ou se é o caso, a súa substitución ou revogación.

A finalidade do Rexistro é facilitar o coñecemento da existencia do documento de instrucións previas aos profesionais que prestan a asistencia sanitaria, así como a consulta do devandito documento chegada a situación en que sexa necesario telo en conta.

 
O dereito a rexistrar as Instrucións Previas modificouse recentemente para mellorar a súa accesibilidade e a súa posta en marcha real. Nos vídeos que enlazamos a continuación explícase moi claramente o seu funcionamento.

Video sobre instrucións previas, en galego 
Video sobre instrucións previas, en castelán
 
 Subdirección Xeral de Atención ao Cidadán e Calidade, elaboraron este audiovisual para difundir o coñecemento sobre este dereito de todos os cidadáns.

12 de novembro de 2015

Encontro dixital sobre Artite psoriásica

O pasado 3 de novembro, ConArtritis organizou un encontro dixital coa Dra. Raquel Almodóvar, no resolveu dúbidas de persoas afectadas por esta enfermidade. 
Agora está dispoñible o acceso para ver as diferentes preguntas e respostas, polo que recomendamos a súa lectura a quen poida interesarlle.

9 de novembro de 2015

Foro o experto responde: Artrite 2015

Como xa anunciamos, o pasado 19 de outubro tivo lugar unha nova edición do Foro "O experto responde" centrado da artrite, no que o Dr. Alejandro Souto Vilas (médico especialista en Reumatoloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago do Sergas) e Sandra Mujico Pena (presidenta da Asociación de Artrite de Santiago) deron resposta a todas as preguntas que calquera persoa quixese formular sobre esta doenza. 

Na web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns poden verse todas as preguntas formuladas e a súa correspondente resposta:

5 de novembro de 2015

Libro: Mi consulta con el reumatólogo

Xa se pode descargar da web de ConArtritis o libro editado por esta entidade xunto a Roche Farma "Mi consulta con mi reumatólogo"

Esta publicación pretende axudar ás persoas con artrite reumatoide a preparar a consulta  co seu reumatólogo dun xeito claro e moi sinxelo, para que poida aproveitala ao máximo.



Máis información sobre a publicación na web de ConArtritis

Podes consultar outros libros interesantes sobre a artrite na sección "Publicacións" (na marxe esquerda desta web)