Amosando publicacións coa etiqueta sergas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta sergas. Amosar todas as publicacións

13 de decembro de 2015

III Encontro de Pais de nenos con enfermidades Reumáticas

A Unidade de Reumatoloxía Pediátrica (URP) vai celebrar o  III Encontro de Pais de nenos con enfermidades Reumáticas no Hospital Clínico de Santiago, planta baixa, aula 1 o día 18 de decembro ás 18:00h. Participan como relatores:
  • Dr. Antonio Mera Varela, reumatólogo.
  • Dr. Alejandro Souto Vilas, reumatólogo.
  • Dra. María López Sousa, pediatra.
A URP creouse  no 2013 grazas á colaboración dos Servizos de Reumatoloxía e Pediatría debido á necesidade asistencial dun grupo de pacientes menores de 16 anos con enfermidades reumáticas. Ata entón,  historicamente, dita asistencia viña realizando dunha forma non organizada e sen facultativo de referencia, por medio interconsultas ou por contactos persoais entre pediatras ou reumatólogos do propio hospital e en ocasións devanditos nenos e nenas eran derivados a outros hospitais doutras comunidades autónomas como Madrid ou Valencia.

Pedímosvos a vosa asistencia e colaboración para apoiar a implantación e consolidación desta Unidade no Hospital Clínico de Santiago, que actualmente non está regrada, para poder atender as demandas específicas con especialistas de referencia en reumatoloxía pediátrica de nenos con enfermidades reumáticas.

Esperámosvos o día 18.


  • Onde: Hospital Clínico de Santiago. Aula 1. Planta baixa.
  • Cando: 18 de decembro ás 18:00 h. 

30 de novembro de 2015

Instruccións previas, que son?

O documento de instrucións previas é aquel no que unha persoa maior de idade, capaz e libre, manifesta anticipadamente a súa vontade sobre aquelas actuacións médicas a recibir ou non, co fin de que esta sexa respectada e cumprida no momento en que por determinadas circunstancias non sexa quen de expresala persoalmente.
Este documento supón un paso máis no recoñecemento do dereito de autonomía dos pacientes, permitíndoselles decidir sobre os coidados e o tratamento da saúde que desexan recibir ante situacións futuras.


Existe un rexistro galego de instrucións previas dependente da Consellería de Sanidade no cal, quen o desexe, poderán inscribir o seu documento de instrucións previas, ou se é o caso, a súa substitución ou revogación.

A finalidade do Rexistro é facilitar o coñecemento da existencia do documento de instrucións previas aos profesionais que prestan a asistencia sanitaria, así como a consulta do devandito documento chegada a situación en que sexa necesario telo en conta.

 
O dereito a rexistrar as Instrucións Previas modificouse recentemente para mellorar a súa accesibilidade e a súa posta en marcha real. Nos vídeos que enlazamos a continuación explícase moi claramente o seu funcionamento.

Video sobre instrucións previas, en galego 
Video sobre instrucións previas, en castelán
 
 Subdirección Xeral de Atención ao Cidadán e Calidade, elaboraron este audiovisual para difundir o coñecemento sobre este dereito de todos os cidadáns.

9 de novembro de 2015

Foro o experto responde: Artrite 2015

Como xa anunciamos, o pasado 19 de outubro tivo lugar unha nova edición do Foro "O experto responde" centrado da artrite, no que o Dr. Alejandro Souto Vilas (médico especialista en Reumatoloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago do Sergas) e Sandra Mujico Pena (presidenta da Asociación de Artrite de Santiago) deron resposta a todas as preguntas que calquera persoa quixese formular sobre esta doenza. 

Na web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns poden verse todas as preguntas formuladas e a súa correspondente resposta:

21 de setembro de 2015

XI Xornada Nacional de Artrite.

Ao longo do mes de outubro, ConArtritis, as súas asociacións membro e outras convidadas á campaña “Octubre, mes de la artritis y la espondiloartritis” organizan Xornadas informativas onde diferentes profesionais médicos, sociosanitarios e os propios pacientes ofrecen charlas formativas e divulgativas. Estas xornadas, que van xa pola súa XI edición, tamén se celebran en Santiago; concretamente será o vindeiro 16 de outubro no Hospital Clínico de Santiago.

PROGRAMA

Descargar díptico informativo. 


Data: 16 de outubro de 2015. De 17:00 a 20:00 h.
Lugar: Hospital Clínico de Santiago. Sala Nº 1.

As asociacións de pacientes somos un axente máis dentro do Sistema Nacional de Saúde que traballamos para fomentar o benestar das persoas que representamos. Comenzamos coñecendo a súa situación, dúbidas , estado físico e psicolóxico, así como o dos seus familiares, é dicir, todos os aspectos que inflúen na súa calidade de vida, para posteriormente ofrecerlles información, servizos, remitirlles ó especialista que mellor lles poida axudar, reclamar os seus dereitos e mostrarllos a sociedade para que se teñan en conta.
Co noso labor, co que se consegue aumentar o coñecemento e o benestar das persoas con artrite, éstos no só melloran a súa calidade de vida, senón que tamén son máis conscientes da súa situación, da importancia que ten que sean activos frente a súa enfermidade, volvéndose corresponsables do seu estado de saúde, o que beneficia a toda a sociedade.
Déixanos axudarte porque "O teu benestAR, ¡é posible!"

19 de maio de 2015

Charla sobre trastornos asociados a enfermidades reumáticas

Moi pronto, a Escola Galega de Saúde para Cidadáns do Sergas celebrará unha charla sobre Trastornos asociados nas enfermidades reumáticas.
O obxectivo desta actividade é mellorar a información e comprensión sobre estes temas por parte de pacientes e familiares proporcionando as habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida.

Data: 29 de maio de 16:30 a 19:30 h.
Lugar: CHUS, Aula 2D, 1º andar
Programa:
  • Trastornos mais destacables na enfermidade reumática: osteoporose, amiloidose, aterosclerose e Sindrome de Sjogrem.
  • Cales son as súas manifestacións.
  • Tratamento e recomendacións.

13 de xaneiro de 2015

Rexistro Galego de Instrucións Previas

Hai pouco publicouse o Decreto 159/2014, polo que se establece a organización e funcionamento do Rexistro Galego de Instrucións Previas sobre coidados e tratamento da saúde, renovando o marco xurídico sobre este aspecto e desenvolvendo o establecido na Lei 12/2013 de garantías das prestacións sanitarias.

As instrucións previas consisten nun documento, mediante o cal, unha persoa maior de idade, capaz e libre, manifesta anticipadamente a súa vontade, co fin de que esta sexa cumprida no momento en que chegue a situacións nas cales non sexa quen de expresala persoalmente, sobre os coidados e o tratamento da súa saúde ou, unha vez chegado o falecemento, sobre o destino do seu corpo e dos seus órganos. 

26 de decembro de 2014

A Unidade de Rematoloxía Pediátrica do CHUS

Os nenos e nenas, ao igual que os adultos, poden padecer enfermedades reumáticas; de feito en España máis de 10.000 nenos/as sofren algunha enfermidade reumatolóxica. O descoñecemento deste tema na sociedade actual, fai que a población non asuma estas enfermedades nos nenos da forma máis adecuada, o cal conduce a un diagnóstico e tratamento tardío coa consecuente repercusión no seu estado de saúde. A gran maioría destes padecementos son de base autoinmune sendo necesaria unha atención máis especializada deste tipo de enfermedades e os seus complexos tratamentos.

A Unidade de Reumatoloxía Pediátrica do Hospital Clínico de Santiago de Compostela nace a partir da colaboración entre pediatras e reumatólogos con experiencia no tratamento de nenos e nenas con enfermedades reumáticas e en conexión con outros centros que manteñen unha atención similar. A Unidade formouse co obxectivo de atender aos problemas e necesidades dos nenos da nosa área sanitaria con problemas reumatolóxicos. Desta maneira pódese atender a población pediátrica dunha maneira máis integral e personalizada, ao mesmo tempo que nenos e pais/nais poden relacionarse con outros cando asisten á consulta, o cal axuda á normalización e a unha maior comprensión da súa situación.

O reto desta Unidade é cegar ao maior número posible de nenos e nenas con enfermedades reumáticas co fin de realizar un diagnóstico e tratamento precoz que minimice posibles lesións, alones as secuelas e mellore a súa calidade de vida.

Compoñentes do equipo:
  • Dr. Mera Varela (Reumatólogo)
  • Dr. Souto Vilas (Reumatólogo)
  • Dra. López Sousa (Pediatra)

3 de decembro de 2014

Taller sobre uso axeitado dos medicamentos

Escola Galega de Saúde para CidadánsA Escola Galega de Saúde para Cidadáns, do Sergas, imparte o próximo 10 de decembro un taller sobre o USO AXEITADO DOS MEDICAMENTOS
Falarase das funcións dos medicamentos, dos seus beneficios e riscos, da seguridade, da súa eficacia, da automedicación, da polimedicación, da adherencia, e da participación do paciente nas decisións sobre o seu tratamento.

Será no Hospital Clínico de Santiago de 16:00 a 20:00 h. Edificio de docencia, aula 3, 1º piso.
Ver programa
Facer inscrición (Se o prefires, podes chamar á asociación para que formalicemos a inscrición directamente coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns)

21 de novembro de 2014

Charla educativa sobre Artrite idiopática xuvenil

A Unidade de Reumatoloxía Pediátrica do Hospital Clínico de Santiago organiza unha charla impartida por reumatólogos, e dirixida a pais/nais de nenos e nenas con enfermidades reumáticas.

  • Data: 12 de decembro de 2014 ás 17:30 horas
  • Lugar: Aula 1, planta baixa, Hospital Clínico de Santiago

28 de outubro de 2014

Taller sobre recursos sanitarios

A Escola Galega de Saúde para Cidadáns, do Sergas, está a organizar un taller co obxectivo de mellorar a información e comprensión dos recursos sanitarios por parte dos pacientes, familiares e cidadanía en xeral.
Será o vindeiro 31 de outubro no Hospital Clínico de Santiago (Aula 3D, bloque D, 1º andar)












.


CONTIDOS

  • Organización e funcionamento dos servizos sanitarios.
  • Acceso e uso de urxencias e emerxencias 061.
  • Acceso e uso das consultas e probas.
  • Acceso e uso de consultas telefónicas.
  • Citación online.
  • Acceso e uso de atención primaria.
  • Acceso e uso de hospitalización, hospitalización a domicilio e hospital de día.
  • Acceso á atención á violencia de xénero, teléfono 016.
  • Onde encontrar esta información e como acceder a ela 
  • Cómo entender a información e incorporar o aprendido.
  • Outros recursos sanitarios.
  • Acceso e uso da Escola Galega de Saúde para Cidadáns. 
  • Tarxeta sanitaria. 
  • Transporte sanitario. 
  • Información para cidadáns. 
  • Web oficial, Webs sanitarias fiables. Revistas sanitarias fiables.
Para facer a inscrición pode facerse a través da páxina web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns 

11 de outubro de 2014

Foro: O experto responde

Moi pronto teremos unha nova edición do Foro "O experto responde", a través da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, do Sergas. Esta vez con motivo da celebración do Día Mundial da Artrite, o vindeiro 16 de Outubro.

Consiste nun foro online no que calquera persoa poderá preguntar todo o que desexe saber sobre este tema. Configúrase así como un espazo accesible á cidadanía a través do cal facilitar acceso á información sobre a artrite e aclarar dúbidas a familiares, doentes e cidadanía en xeral sobre o manexo destas enfermidades.

 

Cómo facer as preguntas?

Hai varias formas de facelo: 

  • A través da páxina web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, no apartado "O experto responde". O día 16 de outubro, de 18.00 a 20:00 h., aparecerá un acceso que di "Envíe agora as súas preguntas", no que hai que entrar para formular calquera dúbida. A partir dese momento os expertos responderán ás cuestións plantexadas en tempo real.

  • Enviándoas previamente ao email da asociación info@artrite-santiago.org. As respostas respostaranse o día 16 a través da web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

  • Chamando por teléfono á asociación (deberase indicar un email). As respostas respostaranse o día 16 a través da web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

As respostas van estar colgadas na web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns durante bastante tempo polo que poderán consultarse a posteriori. 

 

Quen responderá ás preguntas?

O Dr. Alejandro Souto Vilas, médico especialista en Reumatoloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago (Hospital Clínico de Santiago) e Dna. Sandra Mujico Pena, presidenta da Asociación de Artrite de Santiago.

 

 

19 de maio de 2014

Charla: Terapias complementarias nas enfermidades reumáticas

O vindeiro 13 de xuño a través da Escola Galega de Saúde para Cidadáns vaise dar una charla sobre terapias complementarias nas enfermidades reumáticas.


A actividade é gratuíta, e pode asistir calquera persoa interesada no tema. Para inscribirse, hai que cubrir o formulario de inscrición da páxina web da Escola. Pica aquí para acceder directamente ao formulario.

  • Onde: Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. Aula 2. 1ª planta. Bloque D.
  • Cando: 13 de xuño. De 17:00 a 20:00 h.

Ir á web coa información completa

3 de abril de 2014

Charla sobre reumatoloxía pediátria e artrite idiopática xuvenil


Moi pronto poderemos escoitar unha charla sobre Reumatoloxía pediátrica e Artrite idiopática xuvenil, dirixida aos pais e nais de nenos ou nenas afectadas por unha enfermidade reumática.
Organizada pola Asociación de Artite de Santiago, coa colaboración coa Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela do Sergas, nesta charla teremos ocasión de escoitar á Dra. Inmaculada Calvo, Xefa de Reumatoloxía Pediátrica do Hospital La Fe Valencia, a quen poderemos formularlle tamén as nosas dúbidas.

  • Onde: Hospital Clínico de Santiago. Aula 2 (planta baixa)
  • Cando: 25 de abril ás 18:00 h.


16 de decembro de 2013

"O Experto Responde" é unha iniciativa organizada pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns, do Sergas, na que persoas expertas rresponden a preguntas sobre determinadas doenzas, que calquera persoa pode formular a través da web.
O pasado 21 de outubro, con motivo do Día Mundial contra a Dor, a Asociación de Artrite de Santiago colaborou nesta actividade coa presenza de Marisa Balado como experta. Acompañouna nesta tarefa o Dr. Alejandro Souto Vilas, especialista en reumatoloxía.
Agora xa poden consultarse as preguntas e respostas que se trataron ese día:

Experto responde: histórico



23 de novembro de 2013

"Tomando control da súa saúde"

A Fundación Josep Laporte, no marco da Universidade dos Pacientes, e a través da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, realizou, os días 17 e 18 de setembro e 8 e 9 de outubro no Hospital Clínico de Santiago o taller de formación para formadores do programa “Tomando control da súa saúde”, da Universidade deStandford.


Sandra Mujico e Marisa Balado, da Asociación de Artrite de Santiago, recibiron o seu correspondente diploma tras realizar esta formación, nun acto de entrega que tivo lugar na Consellería de Sanidade o pasado 13 de novembro.


15 de outubro de 2013

Foro "O experto responde". Día Mundial contra a Dor

Con motivo da celebración do Día Mundial contra a Dor, o vindeiro 21 de Outubro terá lugar a realización dun foro online no que calquera persoa poderá preguntar todo o que desexe saber sobre este tema. Configúrase así como un espazo accesible á cidadanía a través do cal informar e aclarar dúbidas sobre o manexo da dor.

Cómo facer as preguntas?

A través da páxina web da Escola Galega de Saúde para cidadáns, no apartado "O experto responde". O día 21 de outubro, de 18.00 a 20:00 h., aparecerá un acceso que di "Envíe agora as súas preguntas", no que hai que entrar para formular calquera dúbida. A partir dese momento os expertos responderán ás cuestións plantexadas en tempo real.

Quen responderá ás preguntas?

O Dr. Alejandro Souto Vilas, especialista en Reumatoloxia do Hospital Clinico de Santiago e Marisa Balado García, presidenta  da Asociación de Artrite de Santiago.