A Escola Galega de Saúde para Cidadáns, do Sergas, está a organizar un taller co obxectivo de mellorar a información e comprensión dos recursos sanitarios por parte dos pacientes, familiares e cidadanía en xeral.
Será o vindeiro 31 de outubro no Hospital Clínico de Santiago (Aula 3D, bloque D, 1º andar)
.
CONTIDOS
- Organización e funcionamento dos servizos sanitarios.
- Acceso e uso de urxencias e emerxencias 061.
- Acceso e uso das consultas e probas.
- Acceso e uso de consultas telefónicas.
- Citación online.
- Acceso e uso de atención primaria.
- Acceso e uso de hospitalización, hospitalización a domicilio e hospital de día.
- Acceso á atención á violencia de xénero, teléfono 016.
- Onde encontrar esta información e como acceder a ela
- Cómo entender a información e incorporar o aprendido.
- Outros recursos sanitarios.
- Acceso e uso da Escola Galega de Saúde para Cidadáns.
- Tarxeta sanitaria.
- Transporte sanitario.
- Información para cidadáns.
- Web oficial, Webs sanitarias fiables. Revistas sanitarias fiables.
Para facer a inscrición pode facerse a través da páxina web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns
0 comentarios:
Fai un comentario: