Xa está dispoñible o Boletín A tu ritmo, nº 18, dos meses novembro e decembro de 2014.
Editado por ConArtritis, recolle as últimas novidades sobre as actividades levadas a cabo polas asociacións de pacientes de artrite de todo o estado.
Coincidindo co Día Nacional da Artrite, celebrado o 1 de outubro, e no acto de presentación da décima edición da campaña Outubro, mes da Artrite, a Coordinadora Nacional de Artrite, ConArtritis, deu a coñecer Dereitos e Deberes do Paciente en 3D, un decálogo que recolle os dereitos e os deberes do paciente con artrite reumatoide, artrite psoriásica, artrite idiopática xuvenil e espondiloartritis elaborado pola propia entidade.
"A tu Ritmo" é o boletín informativo bimensual da Coordinadora Nacional de Artrite. Con esta publicación, dende ConArtritis pretende informar de todas as novidades, noticias e eventos que xorden en torno á Coordinadora e as súas asociacións membro. O obxectivo desta publicación é facer máis visible o traballo de todas as persoas implicadas en mellorar a calidade de vida das/os pacientes de artrite reumatoide, artrite psoriásica, artrite idiopática xuvenil e espondiloartrite; así como facer máis visible a enfermidade para que a sociedade tome conciencia dos seus efectos.
A revista Mira é unha
iniciativa de comunicación promovida pola Fundación Abbott co propósito de estender e afondar
nas relacións médico-paciente no terreo das enfermidades reumáticas.
Recentemente, a Coordinadora Nacional de Artrite (ConArtritis) presentou o "Estudo de Satisfacción coas Terapias Biolóxicas, dende a visión dos pacientes con Artrite Reumatoide," avalado pola Sociedade Española de Reumatoloxía (SER) e coa colaboración de Roche. O obxecto do estudo foi analizar a satisfacción dos pacientes con Artrite Reumatoide cos tratamentos biolóxicos e coñecer cales son as súas vivencias, expectativas e o grao de participación na toma de decisións sobre o tratamento, entre outros. Segundo o estudo, o tratamento cun fármaco biolóxico supón unha "volta á vida" para estes pacientes, que valoraron cunha nota media de 8 a súa satisfacción xeral con estes fármacos. A maior puntuación obsérvase nos pacientes máis novos ou de recente diagnóstico, que amosan un maior grao de satisfacción.
Tamén está xa dispoñible para consultar a publicación “Hablemos de artritis reumatoide”, presentada hai varios meses, editada por Roche coa colaboración de ConArtritis e a SER. Este libro inclúe aspectos esenciais para os pacientes con esta enfermidade como cales son os seus síntomas, o modo de diagnóstico ou os tratamentos dispoñibles. Ademais, tamén recolle unha serie de consellos para que as persoas con Artrite Reumatoide poidan controlar esta doenza, coñezan as terapias complementarias e logren ter unha mellor calidade de vida.
O número 3 de "Mira", a revista especializada en Artrite da Fundación Abbott, recolle a experiencia da presidenta da Asociación de Artrite de Santiago, Marisa Balado, como paciente de artrite reumatoide dende hai uns 26 anos.
Enmarcado no proxecto Salud y Trabajo, impulsado pola Fundación Abbott e a Fundación Ramón Areces, publicouse este libro, que analiza en profundidade e coa implicación de todos os sectores afectados, as consecuencias laborais e económicas das enfermidades reumáticas en España, co obxectivo de tomar conciencia da situación e tomar as medidas necesarias para permitir que as persoas afectadas por esta doenza poidan seguir tendo unha vida plena e produtiva.