¿Sientes mi dolor? é unha campaña europea de concienciación sanitaria concebida e impulsada por Pfizer, en colaboración con ConArtritis e outras asociacións de pacientes e organizacións cidadás de toda Europa.
Esta iniciativa permite a participación das persoas que padecen dor crónica, de calquera dos seguintes xeitos:
Asinando a Carta de dereitos.
Recóllense cinco dereitos básicos e necesarios para mellorar a calidade de vida das persoas que padecen dor crónica:
- Dereito á comprensión
- Dereito de acceso á información
- Dereito á axuda profesional
- Dereito ao tratamento precoz e óptimo da dolor
- Dereito ao alivio da dor como dereito humano fundamental
A sinatura da carta pode facerse online.
Compartindo a túa experiencia persoal da dor crónica
Para axudar a outras persoas a entender a carga que representa a dor crónica, invitan a compartir (se queres de forma anónima) a túa propia experiencia sobre a convivencia con esta enfermidade. A túa historia podería publicarse na páxina desta iniciativa para que sirva de apoio a outras persoas que padecen dor crónica.
Plasmando a dor crónica en imaxes
A fotografía é tamén un medio a través do que poder compartir os teus pensamentos, emocións e experiencias sobre a dor crónica. A través de imaxes, podes ilustrar «cómo é a túa dor nun día bo e nun día malo» . Non hai que ser fotógrafo profesional e as imaxes poderán ser usadas en carteis, exposicións, etc.
Para participar e obter máis información, podes facelo desde a web de ConArtritis, onde poderás consultar as condicións de cada iniciativa.