ConArtritis-Santiago, e una Delegación fundada no ano 2018, e pertencente a Coordinadora Nacional de Artritis (ConArtritis) a cal ten máis de 15 anos traballando para as persoas con artrite.
A nosa Delegación ten coma fins principais:
A nosa Delegación ten coma fins principais:
- A mellora da calidade de vida dos enfermos de artrite reumatoide e enfermidades afins.
- A axuda, apoio e asistencia a todos os afectados ou familiares.
- A preparación e información sobre a nosa enfermidade.
- A defensa dos nosos intereses comúns, recibir información e divulgala.
Isto é o que
tratamos de ofrecer dende ConArtritis-Santiago na que brindamos tanto a orientación no
mesmo momento do diagnóstico, como o acompañamento en distintos procesos
(información sobre os tratamentos que existen, como afrontar a enfermidade a
nivel persoal e familiar, solicitude da condición de minusvalía/incapacidade
laboral...)
Por que debes formar parte de ConArtritis-Santiago?
Nisto, como na
maioría das cousas, a unión fai a forza e cantos máis pacientes, familiares ou
simpatizantes participemos, máis fácil será acadar os nosos obxectivos.
Reivindicamos a
visibilidade.
Somos enfermos
crónicos e moitas veces dependentes e non debemos resignarnos a unha segunda
categoría na que os recursos son claramente insuficientes, e onde tamén falta a
información e a sensibilización social.
Aquí podes obter
máis información sobre os BENEFICIOS que teñen os socios de ConArtritis-Santiago
Como formar parte da asociación?
Asociarse é moi doado. Ponte en contacto connosco e facilitarémosche toda a documentación e información necesaria para facelo.
Asociarse é moi doado. Ponte en contacto connosco e facilitarémosche toda a documentación e información necesaria para facelo.