NOTA DE PRENSA
As persoas con artrites de
Santiago contan cun programa de promoción da autonomía persoal.
·
• A través do
“Programa de promoción de autonomía persoal” ConArtritis-Santiago ofrece información e
asesoría sobre diferentes temas.
·
Grazas a este
programa realízanse charlas e talleres dirixidos por profesionais sanitarios e
socio-sanitarios.
·
O servizo lévase
a cabo grazas ao financiamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7%
do IRPF da declaración da renda procedente das persoas contribuíntes que marcan
a casa “Actividades de interese xeral consideradas de interese social”
xestionado por COGAMI.
Santiago de
Compostela, marzo 2022. ConArtritis-Santiago ofrece ás
persoas con artrite reumatoide, artrite psoriásica, artrite idiopática xuvenil
e espondiloartritis un recurso de referencia para convivir mellor coa súa
enfermidade. Trátase do “Programa de promoción de autonomía persoal”,
anteriormente coñecido como servizo de integración e orientación, dirixido e
coordinado por unha profesional especializada en temas sociais neste tipo de
patoloxías.
Grazas a este proxecto dáse un maior soporte informativo sobre temas socio-sanitarios fóra da
consulta de reumatoloxía ás persoas da provincia da Coruña, e máis en concreto de Santiago de Compostela e concellos próximos.
É un recurso de gran valor, xa que hai moitos aspectos sociais, laborais,
psicolóxicos, educativos ou de parella que afectan á vida das persoas con estas
enfermidades reumáticas inmunomediadas que non son tratados nos centros
sanitarios, e con todo son importantes para mellorar a calidade de vida destas
persoas.
Atencións realizadas
Este recurso de información de ConArtritis-Santiago púxose en
marcha en 2020, desde entón atendéronse a 233 persoas e resolvéronse 339
consultas. Máis do 80% destas atencións foron a mulleres, tendo máis
prevalencia as que teñen artrite reumatoide. Entre os temas que se tratan
atópanse os relacionados cos síntomas das enfermidades, os tratamentos que se
utilizan para o seu control, e as xestións necesarias para solicitar a
incapacidade laboral e a discapacidade.
Pero ademais de resolver diversas dúbidas, este programa de
ConArtritis-Santiago é un punto de escoita e de desfogo para as persoas que
contactan con el, xa que poden expresar os seus medos e inquietudes e séntense
escoitadas por persoas que lles entenden, algo que non sempre atopan nas persoas
da súa contorna.
Para poder ofrecer este programa, ConArtritis-Santiago conta co cofinanciamento da Xunta de Galicia, en concreto da Consellería de Política Social, a través da subvención para a execución de programas de interese xeral con fins sociais, con cargo á dotación fiscal do 0,7% do IRPF, de 10.000 euros, que se xestiona desde a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).
Charlas e
talleres por parte de profesionais
Desde este programa organízanse diferentes actividades nas que se
tratan temas específicos que preocupan ás persoas con enfermidades reumáticas
inmunomediadas.
Nestes primeiros meses de 2022, por medio da Escola de Pacientes levouse
a cabo a charla “Organización da asistencia ás enfermidades reumáticas” (31 de
marzo), e estanse organizando os seminarios “Como mellorar a dor crónica con
exercicios de fisioterapia” (28 de abril), e “A arte de mellorar a saúde a
través da alimentación” (19 de maio). En todas as actividades cóntase coa
dirección de profesionais sanitarios e socio- santiarios especializados nestes
temas, a quen os asistentes poden expor todas as súas dúbidas. Na segunda
metade do ano están previstas dúas charlas e dous talleres máis sobre diversos
temas de interese.
ConArtritis-Santiago participará na II Feira da Saúde e o Benestar
do Concello de Ames, que terá lugar o 22 e 23 de abril, organizando unha
actividade de Taichi, e estando presente cunha caseta informativa á que os
interesados poderanse achegar para obter a información.
Este ano volveremos a organizar unha das actividades máis
demandadas, a balneoterapia, coa organización de dúas saídas, a primeira do 9
ao 15 de maio e a segunda do 12 ao 18 de setembro.
Como
contactar?
Desde este programa aténdese aos interesados de luns a venres en horario de 9:00 a 13:00
horas de forma presencial baixo cita previa na súa sede, por email ou por
teléfono. Ademais, o primeiro, segundo e cuarto venres de cada mes préstase
o servizo na área asociativa de pacientes, do Hospital Clínico Universitario de
Santiago de Compostela (situado na planta baixa), en horario de 9:00 a 11:00
horas.
As consultas poden realizarse por
estas vías:
• Presencial: na súa sede
situada na Casa dás Asociacións de Benestar Social (CABES). Rúa Manuel María,
6, Planta 3, Ofic. 1, Salgueiriños (Santiago de Compostela).
• Teléfono e whatsApp: 659 084 950
• E-mail: santiago@conartritis.org