Amosando publicacións coa etiqueta redes sociais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta redes sociais. Amosar todas as publicacións

26 de abril de 2016

Participa na campaña #ActivoAR

ConArtritis leva a cabo ao longo de todo este ano a campaña "Activ@ frente a la artritis reumatoide", a través da que cada mes nos informa de como facer fronte a esta enfermidade.
Ademais, calquera persoa pode participar na campaña, pois unha forma de facer visible esta enfermidade e as maneiras de afrontala é subindo fotos nas redes sociais nas que esteamos facendo algunha actividade recomendable. 

Como participar?
  1. Faite unha foto na que esteas traballando, coa familia, facendo deporte, na asociación… o ideal é que a foto vaia acorde co tema da campaña concreto dese mes (por exemplo, en abril, o exercicio físico)
  1. Subir a foto a redes sociais:
    Facebook: hai dúas opcións:
    1. Entrar na páxina de Facebook de ConArtitis
Aquí, no muro (é o único lugar onde poderás escribir), pincha na opción Foto/Vídeo e a continuación podes subir a túa foto. Podes poñer algunha frase como “Estou activo frente á artrite” e a continuación poñer a etiqueta que identifica a campaña, que é #ActivoAR (importante que sempre se poña esta etiqueta porque é a forma de localizala dentro da campaña).
A segunda forma é simplemente subindo a foto á túa páxina de Facebook e no título da foto poñer unha frase en relación á campaña e a etiqueta #ActivoAR. É conveniente que nomees á Coordinadora Nacional de Artritis, para iso só tes que poñer @ConArtritis, e se queres mencionar a asociación, @Asociación de Artrite de Santiago.
Twitter: o procedemento é moi similar ao de Facebook. Entras á túa conta de Twitter, creas un tuit novo, subes a foto e pos a frase que queiras coa etiqueta #ActivoAR e @ConArtritis.
Instagram: o procedemento é igual que Twitter. Entras  á túa conta de Twitter, creas un tuit novo, subes a foto e pos a frase que queiras coa etiqueta #ActivoAR e @ConArtritis.
A qué esperas para subir a túa foto #ActivoAR?

2 de xuño de 2014

Asociación de Artrite de Santiago en facebook

Recentemente, dende a Asociación de Artrite de Santiago unímonos ao facebook.

É indubidable que esta rede social é usada por moita xente, polo que nos axudará a divulgar información de interese sobre a artrite e a dar a coñecer as actividades que levamos a cabo.


Esperamos que esta páxina vaia medrando pouco a pouco en número de seguidores, ata formar unha gran comunidade virtual.

Síguenos en  www.facebook.com/artritesantiago

15 de maio de 2014

"Reumatología y pacientes", en facebook

A Sociedade Española de Reumatoloxía ten unha comunidade en Facebook chamada 'Reumatologia y pacientes' a través da cal informa sobre diversas actividades e noticias de interese tanto para pacientes con enfermidades reumáticas como para especialistas. 
Non dubides en darlle a "gústame" para estar ao tanto das súas novidades.

31 de xaneiro de 2014

A mocidade con artrite nas redes sociais

Acaba de nacer un espazo onde as persoas máis novas que padecen artrite poderán compartir experiencias e novidades sobre a enfermidade. E como non, chega dende o mundo 2.0 das redes sociais. 

As persoas máis xóvenes de ConArtritis lanzan este proxecto que comezan con moitas gañas e gran ilusión.

Xa podes unirte en twitter, facebook e tuenti. Pica nas imaxes para ir ós seus perfís:

Jóvenes ConArtritis en Twitter Jóvenes ConArtritis en Facebook Jóvenes ConArtritis en Tuenti


E por suposto, ConArtritis segue nas redes sociais tamén cos seus perfís habituais: TwitterFacebook e Youtube.

5 de febreiro de 2013

Personas que...

Personasque.com é unha nova rede social dirixida especialmente a pacientes, un espazo no que compartir experiencias e encontrar un apoio.

Leva en funcionamento dende outubro, pero recentemente foi aberta a sección específica para Persoas que ...conviven con artrite

Por agora, para esta doenza este portal web proponnos dúas "maneiras de convivir un pouco mellor coa artrite":

  • A Comunidade, un espazo onde conversar con outras persoas que conviven coa artrite.
  • E a Biblioteca, unha sección de artigos baseados en experiencias persoais de persoas na mesma situación. 

Rexístrate nesta nova rede social, conversa con persoas na mesma situación que ti, e anímate a compartir a túa experiencia coa enfermidade.

A plataforma non só está dirixida a persoas con artrite, tamén a persoas coidadoras e a persoas que teñen algunha relación ou interese na enfermidade. 

ConArtritis colabora como parte del comité asesor desta web.