26 de abril de 2016

Participa na campaña #ActivoAR

ConArtritis leva a cabo ao longo de todo este ano a campaña "Activ@ frente a la artritis reumatoide", a través da que cada mes nos informa de como facer fronte a esta enfermidade.
Ademais, calquera persoa pode participar na campaña, pois unha forma de facer visible esta enfermidade e as maneiras de afrontala é subindo fotos nas redes sociais nas que esteamos facendo algunha actividade recomendable. 

Como participar?
  1. Faite unha foto na que esteas traballando, coa familia, facendo deporte, na asociación… o ideal é que a foto vaia acorde co tema da campaña concreto dese mes (por exemplo, en abril, o exercicio físico)
  1. Subir a foto a redes sociais:
    Facebook: hai dúas opcións:
    1. Entrar na páxina de Facebook de ConArtitis
Aquí, no muro (é o único lugar onde poderás escribir), pincha na opción Foto/Vídeo e a continuación podes subir a túa foto. Podes poñer algunha frase como “Estou activo frente á artrite” e a continuación poñer a etiqueta que identifica a campaña, que é #ActivoAR (importante que sempre se poña esta etiqueta porque é a forma de localizala dentro da campaña).
A segunda forma é simplemente subindo a foto á túa páxina de Facebook e no título da foto poñer unha frase en relación á campaña e a etiqueta #ActivoAR. É conveniente que nomees á Coordinadora Nacional de Artritis, para iso só tes que poñer @ConArtritis, e se queres mencionar a asociación, @Asociación de Artrite de Santiago.
Twitter: o procedemento é moi similar ao de Facebook. Entras á túa conta de Twitter, creas un tuit novo, subes a foto e pos a frase que queiras coa etiqueta #ActivoAR e @ConArtritis.
Instagram: o procedemento é igual que Twitter. Entras  á túa conta de Twitter, creas un tuit novo, subes a foto e pos a frase que queiras coa etiqueta #ActivoAR e @ConArtritis.
A qué esperas para subir a túa foto #ActivoAR?

0 comentarios:

Fai un comentario: