23 de maio de 2017

Escola de Pacientes: Estratexia de enfrentamento psicolóxico na enfermidade crónica

Vivir cunha enfermidade de longa duración (tamén denominada crónica) expón a novos retos a unha persoa. Aprender a afrontar eses retos é un proceso longo, "non é algo que se consiga da noite para a mañá". Pero entender o que che ocorre e participar activamente no coidado da túa saúde axudaranche a afrontar eses retos. Moita xente descobre que o feito de adoptar un papel activo no tratamento dun problema de saúde crónico axúdalle a sentirse máis forte e máis preparada para enfrontarse a moitas dificultades e probas que lles depara a vida.

O 8 de xuño, as 19.30h esperámosvos no Complexo Hospitalario Univesitario de Santiago (entrada consultas externas, planta 1 - Sala 2 de Docencia) para escoitar que estratexias podemos ter para enfrontarnos psicoloxicamente a unha enfermidade crónica.

Aprender para comprender e poder axudar

A rabia é unha forma de non tirar a toalla e sucumbir á frustración e impotencia

As condicións nunca serán como antes, pero podemos facer intervencións para que melloren

A vida non é un corredor recto e fácil que percorremos libres e sen obstáculos, senón un labirinto cheo de pasadizos


O éxito na vida non se mide polo que logras, senón polo que superas


Permitirme lembrar que todos os socios de AAS teñen a posiblidad de consultar a Emma Maio Psicóloga , contando cun desconto en todas as consultas. Podédela atopar en:

Rúa Agro Vella, 3 piso 1ºA 
15895 Milladoiro (Ames)
Tel. 881998105 / 605416904
contacta@empsicologa.es

Para calquera información, non dubidedes en poñervos en contacto con AAS no teléfono: 659 084 950 ou vía mail info@artrite-santiago.org.

22 de maio de 2017

Que é o Mindfulness? Aquí danvos a posibilidade de descubrilo!

AUSO-CHUS ten o pracer de convidarvos a unha clase aberta de iniciación ao Mindfulness, que tera lugar o vindeiro martes 30 de maio as 18:30 na sala multiusos do CABES (Rua Manuel Maria, nº 6, Santiago).

A clase será principalmente práctica e permitiranos coñecer algúns dos beneficios do mindfulness: reducción do estrés e da ansiedade,  e a mellora da estabilidade emocional e das relacións persoais e familiares.

Mindfulness: un recurso contra ó estrés

Mindfulness (atención plena): atención momento a momento da experiencia presente, sen facer xuízos e cunha actitude de aceptación. 
O mindfulness  permite ensinar á  mente a prestar atención ao presente, diminuíndo as preocupaciones do pasado e do futuro, o que axuda a aumentar a aceptación e reducir o estrés. 
E unha ferramenta moi beneficiosa para todos, especialmente para persoas con trastornos de ansiedade, pánico o enfermidades asociadas ao estrés. 
Rogamos comuniquen a sua asistencia ao correo auso.chus@gmail.com

Ensaios clinicos, si ou non?: Teruca Conde, socia de AAS, contéstanos


Fannos chegar este vídeo  de Teruca Conde, explicando a súa participación en ensaios clinicos. Que se consegue, a parte de algún tratamento que che axude coa enfermidade: Teruca dinos que ESPERANZA! Para todos os que vos atopades no momento de decidir, esperamos que este vídeo axúdevos a aclarar as vosas ideas. https://youtu.be/nxp6F-hLy9M

Palabras de Lilly España: Mellorar a vida dos pacientes é a razón pola que cada día traballamos no desenvolvemento de medicamentos innovadores. Por iso, a súa participación en ensaios clínicos (e a das asociacións que o representan) é tan importante, porque as súas ganas de axudar son o motor que nos move cada día e que fai que a ciencia siga avanzando. Descobre máis sobre Lilly e os ensaios clínicos en Twitter a través do hashtag #LaVozdelPaciente

www.ensayosclinicoslilly.es

11 de maio de 2017

Necesitamos saber mais sobre o embarazo e a artrite? Aproveitade a ocasión desde casa!

Desde a Escola Andaluza de pacientes e UCB, queren convidarnos a un Webinar sobre Embarazo en mulleres e artrites.

Será impartido polo Dr. Rafael Caliz, Reumatólogo do Hospital de Granada e responsable da monográfica de embarazo.

O Webinar terá lugar o 15 de maio ás 15:00 h e retransmitirase a través da páxina web http://www.escueladepacientes.es/

Se non podes conectarche, poderás acceder en calquera momento ao link da escola de pacientes e velo en diferido.

Esperan que a xornada sexa do noso interese e que podan contar coa nosa presenza online.


8 de maio de 2017

Últimas novidades

Pasamos a informar a todos os nosos seguidores das últimas actividades efectuadas. Terminamos o mes de abril cun curso de cociña saudable. Un curso que tivo unha moi boa acollida, e que encantou a cada un dos participantes. Aprendemos moitas cousas sobre a alimentación, cousas como: cales son os super alimentos, cales os que axudan a baixar a inflamación, como usar algas nos nosos pratos, produto galego que contén moito calcio e que non adoita estar presente na nosa dieta diaria, isto entre outras tantas cousas. O resultado foi tan positivo, que Aas está a exporse repetir a experiencia para ampliar coñecementos nesta materia.




O Xoves 4 e o venres 5 fomos ao V Congreso Nacional De Pacientes Crónicos de SEMERGEN. Tratáronse distintos temas en relación coa saúde e os pacientes. E pola tarde tivemos a oportunidade de participar en talleres de distinta índole como: Coñecer a artrite, Enfermidade Celíaca e a dieta sen glute, Coñecer o Dano Cerebral Adquirido e como afrontalo, entre outros. O venres seguimos escoitando a distintos relatores, onde o principal tema seguiu sendo o paciente. Descubrimos tamén que a través da páxina creada por SEMERGEN, dispoñemos dun acceso directo a un equipo de médicos que contestan as preguntas formuladas por calquer paciente a través da web. Convidámosvos a familiarizarvos con ela: www.pacientessemergen.es (acceso rápido, respostas en 48 horas, anónimo, respaldo de Profesionais).




E finalmente, para relaxarnos, presentámonos o sábado 6 en Fontes do Sar, onde celebramos a permanencia do Rio Natura Monbus Obradoiro CAB na liga Endesa. Ambientazo e gran vitoria do Obradoiro Cab.

Agradecemos a Obra Social A Caixa, a invitación lanzada á nosa Asociación  para participar neste partido como público: puidemos gozar da maxia do baloncesto e animar ao Obradoiro nun partido tan importante.