22 de decembro de 2010

Vivir con artrite: consellos (8)

Participa en asociacións de pacientes
Están dedicadas a informar ás persoas afectadas e ofrecen os medios adecuados para encontrarse mellor física e psicolóxicamente. Adoitan poñer ás persoas enfermas en contacto cos especialistas das distintas disciplinas que existen para tratar esta enfermidade reumática. Nelas, os pacientes poden falar con xente que ten o seu mesmo problema, o que, na maioría dos casos, resulta unha boa terapia, pois compréndense e pódense aconsellar máis facilmente.
Extraído da revista MG, nº 39. Artigo elaborado por AMAPAR.

10 de decembro de 2010

Vivir con artrite: consellos (7)


Aprende a manexar as túas emocións

As técnicas psicolóxicas de relaxación e respiración axudan a controlar as emocións de ansiedade, tristeza e ira, que poden presentarse na paciente, e que supoñen un inconveniente para o día a día da súa enfermidade, pois inflúen negativamente na dor. Aprendelas para poñelas en práctica cando o consideres oportuno, axudarache a mellorar.

Extraído da revista MG, nº 39. Artigo elaborado por AMAPAR.

8 de decembro de 2010

Participación na revista A Saúde de Galicia

A presidenta da Asociación de Artrite de Santiago, Marisa Balado, colaborou coa revista A Saúde de Galicia, editada polo Colexio Oficial de Médicos de A Coruña (COMC). En cada número desta publicación, inclúese un artigo centrado nalgunha asociación de pacientes. No seu número 12, de novembro de 2010, foi dedicado á artrite.
Dende aquí agradecemos ao Colexio de Médicos que contase coa nosa participación para dar a coñecer un pouco máis a artrite.

O artigo pode verse na sección Prensa da nosa web.