Amosando publicacións coa etiqueta revista mira. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta revista mira. Amosar todas as publicacións

29 de setembro de 2014

Xa podes ler o novo número da revista MIRA!

Podes ler a revista MIRA na páxina web de Reumatología Salud, onde tamén atoparás información útil e de calidade acerca de enfermidades reumáticas autoinmunes.


Neste número destacamos os seguintes artigos:

  • Antonio Torralba, presidente de ConArtritis e Carmen Domínguez Quesada, enfermeira do Hospital Virxe da Macarena de Sevilla axúdannos a controlar a enfermidade a través da plataforma ANDAR: Ler artigo. Para máis información sobre a plataforma ANDAR, podes ir á súa web
  • O Dr. Javier Alegre (Xefe de servizo do Hospital Xeral Yagüe, Burgos) aborda as decisións compartidas no tratamento da Artrite Reumatoide como un dereito do paciente que mellora os resultados da enfermidade. Ler artigo.
  • O Presidente da Sociedade Española de Reumatoloxía Pediátrica, o Dr. Jordi Antón, analiza a Uveíte asociada á Artrite Idiopática Xuvenil. Ler artigo.
  • Jorge Alonso Pelicano, Presidente da Asociación de Espondilite de Sevilla (EAS) cóntanos a experiencia que tivo coa enfermidade e achéganos un pouco máis á súa realidade como paciente. Ler artigo.




10 de marzo de 2012

Novo número da revista Mira


A revista Mira é unha iniciativa de comunicación promovida pola Fundación Abbott co propósito de estender e afondar nas relacións médico-paciente no terreo das enfermidades reumáticas.

Esta publicación reune valiosa información e consellos por parte de profesionais da reumatoloxía, enfermeiría, psicoloxía e outros. Tampouco esquece a propia voz do paciente, xa que en cada número recollen testemuños de persoas que padecen enfermedades reumáticas. A presidenta da Asociación de Artrite de Santiago tivo xa ocasión de contar a súa experiencia a través das páxinas desta publicación, no seu nº 3.

Recentemente publicouse o o quinto número desta revista, que presenta ademais unha novidade moi importante para chegar a máis persoas. Agora, a revista publícase tamén on-line.

Os contidos máis relevantes deste número son os seguintes:
  • En portada: Anabel Coco, gañadora do Certame de Relatos sobre Enfermidade Crónica.
  • A importancia do papel do paciente no seguimento da enfermidade. Recóllense varios artigos de Eulalia Alcaide (secretaria de ConArtritis e membro de AMAPAR), Antonio Torralba (presidente de ConArtritis) e Patricia Planas (Coordinadora Xeral da Lliga Reumatológica Catalana).
  • Relevancia do paciente informado: artigo da Dra. en psicoloxía Leticia León (da Facultade Ciencias da Saúde da Universidade Camilo José Cela).
  • Que espera o reumatólogo do paciente? O Dr. Alberto Alonso ofrece a resposta a esta cuestión.
  • Uveíte. Un completo artigo do Dr. Ricardo Blanco aborda a sintomatoloxía e control desta enfermidade.
  • E ademais: información sobre o II Premio José Román, que outorga anualmente a asociación ACEADE.
Este número da revista, e tamén os anteriores, podes descargalos nesta páxina: http://www.reumatologiasalud.es/revista-mira_prehome.php

3 de xuño de 2011

A Asociación de Artrite de Santiago na Revista Mira

O número 3 de "Mira", a revista especializada en Artrite da Fundación Abbott, recolle a experiencia da presidenta da Asociación de Artrite de Santiago, Marisa Balado, como paciente de artrite reumatoide dende hai uns 26 anos.


Marisa comparte a súa experiencia persoal, ao tempo que conta cómo xurdiu a Asociación, e o traballo que se fai dende a mesma.

Ver o artigo completo.