29 de xaneiro de 2013

Convenio co Balneario Compostela


O Hotel Balneario de Compostela é un moderno e completo balneario con equipo médico, fisioterapia e rehabilitación, centro de estética, solarium, hidroterapia, masoterapia, tratamentos complementarios. Dispón ademáis dun Club Termal con piscinas de chorros, etc.

A Asociación de Artrite de Santiago vén de asinar un convenio con este centro para que os nosos socios e socias poidan disfrutar de prezos vantaxosos nos servizos que ofertan.

Así, poderemos beneficiarnos dos seguintes descontos:
  • 10% no servizo de aloxamento en réxime só de aloxamento.
  • 15% nos servizos soltos de balneario (excepto estética e consulta médica)
  • 15% en programas de balneoterapia: Hidroterapia.
  • Uso gratuíto das piscinas e ximnasio durante a estancia, sempre que se aloxen no hotel polo menos unha noite, e que reserven a OFERTA COMPOSTELA que aparece publicada na súa páxina web.

A oferta esténdese tamén a familiares de primeiro grao que acompañen ás persoas socias da AAS nestes servizos.

Os descontos non son acumulables con outro tipo de ofertas ou promocións.


Para acceder ao servizo, é necesario que a asociación confirme directamente co Hotel a condición de socio/a, polo que o mellor é avisar con antelación.

O Hotel Balneario Compostela está no concello de Brión, a 8 km. de Santiago pola estrada C-543.

23 de xaneiro de 2013

El Retrato, documental sobre a artrite

O programa La aventura del saber, que se emite na 2 de TVE, emitiu o 9 de outubro de 2012 o documental sobre a artrite reumatoide "El Retrato".
É unha historia que nos ensina cómo o afán de superación da súa protagonista, Arantza, xunto cos novos avances en medicamentos, fai posible que non só leve o seu día a día dunha mellor forma. Arantza pinta e prepara para a súa primeira exposición. O documental achéganos á súa vida, ao seu entorno: o estudo onde traballa, o médico que a atende, a asociación na que participa, a familia... todo isto mentres dialoga coa súa amiga, modelo para a ocasión e compañeira de artrite reumatoide.

Deixamos á vosa disposición baixo estas liñas o programa, que ademais do documental inclúe unha entrevista ao Dr. José Manuel Rodríguez Heredia e a Antonio Torralba, presidente de ConArtritis.


<!-- solo video
-->

17 de xaneiro de 2013

ConArtritis estrena web

A Coordinadora Nacional de Artritis, ConArtritis, na que está integrada a nosa asociación, está de estreno. Onte lanzou a súa nova web, cunha imaxe renovada e con novos servizos e prestacións, ademais de toda a actualidade relacionada con esta doenza, como viñan facendo ata agora.


Ademais, podes seguir a actualidade de ConArtritis a través dos seus perfís en Facebook e Twitter (@ConArtritis).

https://www.facebook.com/ConArtritishttps://twitter.com/ConArtritis

11 de xaneiro de 2013

Obradoiro sobre exercicio e saúde na artrite

A Escola Galega de Saúde para Cidadáns organiza un obradoiro gratuíto sobre exercicio e saúde na artrite. 
Obxectivos:


  • Mellorar a información sobre a actividade física nas enfermidades crónicas ós pacientes, familiares e cidadáns en xeral
  • Proporcionar pautas de actuación ós coidadores e familiares para mellorar a calidade de vida. 
  • Fomentar o exercicio físico a todos os membros da familia.
Contidos xerais:
  • Exercicio físico nas enfermedades crónicas.
  • Actividades saudables.
  • Práctica e exemplos de técnicas.
A inscrición debe facerse a través da web da Escola (enlace).
  • Onde: no Hospital Clínico de Santiago, na Aula ·D (bloque D, andar 1, aula3)
  • Cando: o 30 de xaneiro de 2013 de 17:30 a 20:30