31 de xaneiro de 2014

A mocidade con artrite nas redes sociais

Acaba de nacer un espazo onde as persoas máis novas que padecen artrite poderán compartir experiencias e novidades sobre a enfermidade. E como non, chega dende o mundo 2.0 das redes sociais. 

As persoas máis xóvenes de ConArtritis lanzan este proxecto que comezan con moitas gañas e gran ilusión.

Xa podes unirte en twitter, facebook e tuenti. Pica nas imaxes para ir ós seus perfís:

Jóvenes ConArtritis en Twitter Jóvenes ConArtritis en Facebook Jóvenes ConArtritis en Tuenti


E por suposto, ConArtritis segue nas redes sociais tamén cos seus perfís habituais: TwitterFacebook e Youtube.

27 de xaneiro de 2014

Boletín "A tu Ritmo" nº 12

Acaba de publicarse o boletín nº 12 de ConArtritis, A tu Ritmo.

Podemos ver as expectativas da entidade para este ano que acaba de comezar, no que ademais celebrará o seu décimo aniversario. Tamén se recolle un pequeno resumo das conclusións do estudo "Trazando o futuro da Artrite Reumatoide", así como información de outras actividades tanto da coordinadora como das asociacións que a integran.



Podes ver os números anteriores na web de ConArtritis




23 de xaneiro de 2014

Tai chi e Chi Kung no centro sociocultural de Fontiñas

A través de séculos de práctica en China, observouse que as persoas que practicaban Tai Chi e Chi Kung tiñan un gran vigor e calidade de vida ata idades moi avanzadas. 

Hoxe, a práctica do Chi Kung e Tai Chi Tradicional está alcanzando gran consideración dentro da comunidade médica, non só no ámbito das enfermidades consideradas reumáticas como a artrite, osteoartrite, ou fibromialxia,  polos seus beneficios terapéuticos, xa que provocan un fortalecemento de ósos (densidade mineral ósea), músculos e tendóns, melloran a circulación enerxética e sanguínea, estimulan a función dos órganos internos e incrementan a capacidade de relaxación, concentración e memoria, ademais de serenar a mente.
A práctica do Tai Chi Tradicional e do Chi Kung non se limita a paliar a dor e a inflamación, senón a recuperar a fortaleza e vigor de todo o corpo.

Gracias a práctica da Meditación, podemos volvernos moito máis conscientes de nós mesmos, comprender e transformar os estados de ansiedade, frustración e axitación mental, enfado, apego...etc.... e en consecuencia regresar a un estado de paz, alegría e benestar que nos permitan ser plenos. A nivel físico, este estado tradúcese nunha mellora global no funcionamento de tódos os sistemas do corpo, por exemplo o sistema inmunolóxico, dixestivo, circulatorio, cardíaco e por suposto o muscular e articular.