Amosando publicacións coa etiqueta formación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta formación. Amosar todas as publicacións

10 de setembro de 2016

Cursos online con CapacityFormación

CapacityFormación, a plataforma formativa impulsada por Grupo Iniciativas, o CEE de COCEMFE Asturias, co apoio da Fundación ONCE lanza unha nova convocatoria de cursos con novidades.

Continuan co achegamento ao Paquete Office de Microsoft con dúas das súas ferramentas estrela Word Básico e Excel Básico, uns cursos de alfabetización dixital altamente recomendados para iniciarse nestes programas imprescindibles.

Por recomendación do seu propio alumnado, prepararon o curso Traballar na Nube co fin de coñecer as ferramentas máis destacadas que permitirán traballar en calquera lugar cunha conexión a Internet e ademais afondar sobre o traballo en grupo ou colaborativo.

Esta convocatoria inclúe os seguintes cursos:

Todos se ofrecen baixo a modalidade de formación e-Learning, polo que o alumnado poderá establecer os seus horarios e ritmo de traballo. A carga lectiva varía entre as 30 e as 50 horas e as convocatorias terán unha duración de entre 3 e 5 semanas co fin de seguir o temario comodamente. Obviamente, ao tratarse de formación e-Learning o requisito fundamental é dispoñer dun computador persoal con conexión a Internet.

A data prevista para o inicio desta nova convocatoria é o luns 12 de setembro. E non esquezades que a matrícula é gratuíta para persoas con discapacidade, simplemente deberedes achegar o voso certificado de discapacidade durante a matriculación ao curso do voso interese.

Toda a información en www.capacityformacion.es

  

23 de outubro de 2014

Charla: Prevención de infeccións en enfermidades reumáticas

O próximo día 30 de outubro imos celebrar grazas á Escola Galega de Saúde para Cidadáns unha charla sobre "Prevención de infeccións en enfermidades reumáticas", a cargo da Dra. Eva Pampín, reumatóloga. 


O obxectivo desta charla é mellorar a información e comprensión sobre estes temas por parte dos pacientes e familiares proporcionando as habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida.

Programa:  
  • Importancia da vacinación nas enfermidades reumáticas. 
  • Hixiene e prevención de infeccións. 
 Lugar de celebración: Aula clínica, 5ª planta do Hospital Clínico de Santiago. 
 Data: 30 de outubro 2014 
 Horario: 16:30 – 19:30 h. 
 Profesorado: Dra. Eva Pérez Pampín. Reumatóloga en el CHUS 


Para acudir é necesario inscribirse. A inscrición pode facerse online directamente a través da "Escola Galega de Saúde para Cidadáns" (pincha aquí para ir ao formulario de inscrición) ou ben chamando ao teléfono da asociación 659 084 950 ou ao email: 
info@artrite-santiago.org, para que nós fagamos a inscrición.

Esperámosvos! 


19 de maio de 2014

Charla: Terapias complementarias nas enfermidades reumáticas

O vindeiro 13 de xuño a través da Escola Galega de Saúde para Cidadáns vaise dar una charla sobre terapias complementarias nas enfermidades reumáticas.


A actividade é gratuíta, e pode asistir calquera persoa interesada no tema. Para inscribirse, hai que cubrir o formulario de inscrición da páxina web da Escola. Pica aquí para acceder directamente ao formulario.

  • Onde: Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. Aula 2. 1ª planta. Bloque D.
  • Cando: 13 de xuño. De 17:00 a 20:00 h.

Ir á web coa información completa

2 de abril de 2013

Obradoiro de Técnicas de apoio psicolóxico en enfermidade reumatolóxica


Escola Galegade Saúde para Cidadáns do Sergas organiza, a proposta da Asociación de Artrite de Santiago e coa súa colaboración, un novo obradoiro gratuíto dirixido a pacientes con enfermidade reumatolóxica, familiares e poboación en xeral e centrado esta vez en técnicas de apoio psicolóxico.

 TÉCNICAS DE APOIO PSICOLÓXICO EN ENFERMIDADE REUMATOLÓXICA

Enma Mayo será a psicóloga encargada de impartir este obradoiro, co que se pretende mellorar a información e comprensión da enfermidade por parte dos pacientes, familiares, e cidadanía en xeral; proporcionar aos coidadores, familiares e pacientes as habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida no ámbito familiar, e fomentar a autonomía de todos os membros da familia.

No obradoiro traballarase sobre os seguintes temas:
  • Definición e clasificación.
  • Síntomas.
  • Evolución e tratamento.
  • Pautas de apoio emocional en síntomas psicolóxicos.
  • Autocoidados e coidado do coidador.
LugarHospital Clínico Universitario de Santiago, Aula 4D. Bloque D. Piso 1º.
Data10 de abril de 2013 de 17:00 a 20:00

11 de xaneiro de 2013

Obradoiro sobre exercicio e saúde na artrite

A Escola Galega de Saúde para Cidadáns organiza un obradoiro gratuíto sobre exercicio e saúde na artrite. 
Obxectivos:


  • Mellorar a información sobre a actividade física nas enfermidades crónicas ós pacientes, familiares e cidadáns en xeral
  • Proporcionar pautas de actuación ós coidadores e familiares para mellorar a calidade de vida. 
  • Fomentar o exercicio físico a todos os membros da familia.
Contidos xerais:
  • Exercicio físico nas enfermedades crónicas.
  • Actividades saudables.
  • Práctica e exemplos de técnicas.
A inscrición debe facerse a través da web da Escola (enlace).
  • Onde: no Hospital Clínico de Santiago, na Aula ·D (bloque D, andar 1, aula3)
  • Cando: o 30 de xaneiro de 2013 de 17:30 a 20:30



23 de marzo de 2012

Obradoiros en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns



A Escola Galegade Saúde para Cidadáns do Sergas organiza, a proposta da Asociación de Artrite de Santiago, dous obradoiros que se celebrarán proximamente, e que incidirán en dous aspectos importantes relacionados coas enfermidades reumáticas: o obradoiro de intervención psicolóxica na dor e o obradoiro de saúde afectivo-sexual. Ambos son gratuítos.


 
INTERVENCIÓN PSICOLÓXICA NA DOR

Impartido polo psicólogo Marcos Calvo Martínez, e dirixido a persoas que padezan dor crónica, as súas familias, e a cidadanía en xeral.

Con esta actividade preténdese poñer a disposición dos pacientes unha ferramenta útil e eficaz no control da dor crónica e aumentar o autocontrol dos pacientes sobre a súa dor para elevar a súa calidade de vida.

No obradoiro traballarase sobre os seguintes temas:
  • Concepto xeral da dor, apoio psicolóxico ao paciente.
  • Estratexias de afrontamento da dor e adaptación á enfermidade.
  • Control da ansiedade e estrés.
Lugar: Hospital Clínico Universitario de Santiago, Aula 4D. Edificio Docencia.
Data: 18/04/12 de 18:00 a 20:00


SAÚDE AFECTIVO-SEXUAL

Impartido polas traballadoras sociais Isabel Redondo Zambrano e Patricia Otero Ramos, e dirixido a persoas con enfermidades reumáticas e cidadanía en xeral.

Abordaranse contidos como o papel dos hábitos de saúde sexual na poboación e na prevención da enfermidade, recomendacións para un sexo saudable, e a sexualidade en poboación adulta-anciá.

Lugar: Hospital Clínico Universitario de Santiago, Aula 3d. Edificio D.
Data: 22/05/12 de 16:30 a 20:30