Amosando publicacións coa etiqueta escola galega de saúde para cidadáns. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta escola galega de saúde para cidadáns. Amosar todas as publicacións

30 de novembro de 2015

Instruccións previas, que son?

O documento de instrucións previas é aquel no que unha persoa maior de idade, capaz e libre, manifesta anticipadamente a súa vontade sobre aquelas actuacións médicas a recibir ou non, co fin de que esta sexa respectada e cumprida no momento en que por determinadas circunstancias non sexa quen de expresala persoalmente.
Este documento supón un paso máis no recoñecemento do dereito de autonomía dos pacientes, permitíndoselles decidir sobre os coidados e o tratamento da saúde que desexan recibir ante situacións futuras.


Existe un rexistro galego de instrucións previas dependente da Consellería de Sanidade no cal, quen o desexe, poderán inscribir o seu documento de instrucións previas, ou se é o caso, a súa substitución ou revogación.

A finalidade do Rexistro é facilitar o coñecemento da existencia do documento de instrucións previas aos profesionais que prestan a asistencia sanitaria, así como a consulta do devandito documento chegada a situación en que sexa necesario telo en conta.

 
O dereito a rexistrar as Instrucións Previas modificouse recentemente para mellorar a súa accesibilidade e a súa posta en marcha real. Nos vídeos que enlazamos a continuación explícase moi claramente o seu funcionamento.

Video sobre instrucións previas, en galego 
Video sobre instrucións previas, en castelán
 
 Subdirección Xeral de Atención ao Cidadán e Calidade, elaboraron este audiovisual para difundir o coñecemento sobre este dereito de todos os cidadáns.

9 de novembro de 2015

Foro o experto responde: Artrite 2015

Como xa anunciamos, o pasado 19 de outubro tivo lugar unha nova edición do Foro "O experto responde" centrado da artrite, no que o Dr. Alejandro Souto Vilas (médico especialista en Reumatoloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago do Sergas) e Sandra Mujico Pena (presidenta da Asociación de Artrite de Santiago) deron resposta a todas as preguntas que calquera persoa quixese formular sobre esta doenza. 

Na web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns poden verse todas as preguntas formuladas e a súa correspondente resposta:

24 de setembro de 2015

Taller: Discapacidade nas enfermidades reumáticas.

O vindeiro 23 de outubro organizamos, no marco da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, un taller sobre a discapacidade nas enfermedades reumáticas, impartido pola avogada e colaboradora da asociación Emilia Vázquez e a traballadora social da EOXI de Santiago Begoña Lehmkuhl.

Neste taller, informarase sobre:
  • Tipos de discapacidade e os seus grados.
  • O certificado de discapacidade.
  • Tramitación e procedemento do certificado.
  • Actividades saudable e boas posturas.
  • Beneficios e vantaxes do certificado.
Xa se pode realizar a inscrición gratuita a través da web da Escola, ou ben chamando á asociación para que formalicemos a inscrición directamente dende aquí.
De seguro será de gran interese, polo que esperamos unha ampla participación.

Ver programa.
Acceso ao formulario de inscrición


Data: 23 de outubro, de 17:00 a 20:00 h.
Lugar: Aula 3 - Edificio de Docencia do Hospital Clínico de Santiago.

19 de maio de 2015

Charla sobre trastornos asociados a enfermidades reumáticas

Moi pronto, a Escola Galega de Saúde para Cidadáns do Sergas celebrará unha charla sobre Trastornos asociados nas enfermidades reumáticas.
O obxectivo desta actividade é mellorar a información e comprensión sobre estes temas por parte de pacientes e familiares proporcionando as habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida.

Data: 29 de maio de 16:30 a 19:30 h.
Lugar: CHUS, Aula 2D, 1º andar
Programa:
  • Trastornos mais destacables na enfermidade reumática: osteoporose, amiloidose, aterosclerose e Sindrome de Sjogrem.
  • Cales son as súas manifestacións.
  • Tratamento e recomendacións.

3 de decembro de 2014

Taller sobre uso axeitado dos medicamentos

Escola Galega de Saúde para CidadánsA Escola Galega de Saúde para Cidadáns, do Sergas, imparte o próximo 10 de decembro un taller sobre o USO AXEITADO DOS MEDICAMENTOS
Falarase das funcións dos medicamentos, dos seus beneficios e riscos, da seguridade, da súa eficacia, da automedicación, da polimedicación, da adherencia, e da participación do paciente nas decisións sobre o seu tratamento.

Será no Hospital Clínico de Santiago de 16:00 a 20:00 h. Edificio de docencia, aula 3, 1º piso.
Ver programa
Facer inscrición (Se o prefires, podes chamar á asociación para que formalicemos a inscrición directamente coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns)

14 de novembro de 2014

Obradoiro sobre recursos sociais e sociosanitaris

A Escola Galega de Saúde para Cidadáns, do Sergas, imparte o próximo luns un taller sobre os RECURSOS SOCIAIS E SOCIOSANITARIOS dispoñibles para pacientes. Falarase de diferentes prestacións económicas, do recoñecemento da dependencia, de servizos como teleasistencia, axuda no fogar, xeolocalizadores, mobilidade 065, do acceso e uso a centros de día e centros de noite, a servizos residenciais ou a centros ocupacionais, de materiais ortoprotésicos e produtos sanitarios... 

Será no Hospital Clínico de Santiago de 16:30 a 20:30 h.
Ver programa
Facer inscrición

6 de novembro de 2014

Actividades recentes da Asociación de Artrite de Santiago

A Asociación de Artrite de Santiago foi connvidada á Xornada Técnica "Mellorando xuntos na abordaxe das enfermidades reumáticas e muscoloesqueléticas", celebrada o 20 de outubro no Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, en Madrid, onde se presentou  a Estratexia en Enfermidades Reumáticas e Muscoloesqueléticas do Sistema Nacional de Saúde e no que tamén se presentaron os distintos programas que se están a levar a cabo en diferentes comunidades para mellorar o abordaxe das enfermidades reumáticas e musculoesqueléticas.







O día 30 de outubro celebrouse o taller impartido pola Dra. Eva Pérez Pampín sobre a prevención de infeccións nas enfermedades reumáticas no Hospital Clínico de Santiago, no que se explicou a importancia da vacinación tanto da gripe como do pneumococo, e cómo previr infeccións, onde se destacou tamén a importancia dunha boa hixiene bucodental.







28 de outubro de 2014

Taller sobre recursos sanitarios

A Escola Galega de Saúde para Cidadáns, do Sergas, está a organizar un taller co obxectivo de mellorar a información e comprensión dos recursos sanitarios por parte dos pacientes, familiares e cidadanía en xeral.
Será o vindeiro 31 de outubro no Hospital Clínico de Santiago (Aula 3D, bloque D, 1º andar)












.


CONTIDOS

  • Organización e funcionamento dos servizos sanitarios.
  • Acceso e uso de urxencias e emerxencias 061.
  • Acceso e uso das consultas e probas.
  • Acceso e uso de consultas telefónicas.
  • Citación online.
  • Acceso e uso de atención primaria.
  • Acceso e uso de hospitalización, hospitalización a domicilio e hospital de día.
  • Acceso á atención á violencia de xénero, teléfono 016.
  • Onde encontrar esta información e como acceder a ela 
  • Cómo entender a información e incorporar o aprendido.
  • Outros recursos sanitarios.
  • Acceso e uso da Escola Galega de Saúde para Cidadáns. 
  • Tarxeta sanitaria. 
  • Transporte sanitario. 
  • Información para cidadáns. 
  • Web oficial, Webs sanitarias fiables. Revistas sanitarias fiables.
Para facer a inscrición pode facerse a través da páxina web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns 

23 de outubro de 2014

Charla: Prevención de infeccións en enfermidades reumáticas

O próximo día 30 de outubro imos celebrar grazas á Escola Galega de Saúde para Cidadáns unha charla sobre "Prevención de infeccións en enfermidades reumáticas", a cargo da Dra. Eva Pampín, reumatóloga. 


O obxectivo desta charla é mellorar a información e comprensión sobre estes temas por parte dos pacientes e familiares proporcionando as habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida.

Programa:  
  • Importancia da vacinación nas enfermidades reumáticas. 
  • Hixiene e prevención de infeccións. 
 Lugar de celebración: Aula clínica, 5ª planta do Hospital Clínico de Santiago. 
 Data: 30 de outubro 2014 
 Horario: 16:30 – 19:30 h. 
 Profesorado: Dra. Eva Pérez Pampín. Reumatóloga en el CHUS 


Para acudir é necesario inscribirse. A inscrición pode facerse online directamente a través da "Escola Galega de Saúde para Cidadáns" (pincha aquí para ir ao formulario de inscrición) ou ben chamando ao teléfono da asociación 659 084 950 ou ao email: 
info@artrite-santiago.org, para que nós fagamos a inscrición.

Esperámosvos! 


20 de outubro de 2014

Foro: o experto responde. Respostas


"O Experto Responde" é unha iniciativa organizada pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns, do Sergas, na que persoas expertas rresponden a preguntas sobre determinadas doenzas, que calquera persoa pode formular a través da web.
O pasado 16 de outubro, con motivo do Día Mundial da Artrite, a Asociación de Artrite de Santiago colaborou nesta actividade coa presenza de Sandra Mujico como experta. Acompañouna nesta tarefa o Dr. Alejandro Souto Vilas, especialista en reumatoloxía.
Xa poden consultarse as preguntas e respostas que se trataron ese día:

Experto responde: histórico
Ver preguntas e respostas de


11 de outubro de 2014

Foro: O experto responde

Moi pronto teremos unha nova edición do Foro "O experto responde", a través da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, do Sergas. Esta vez con motivo da celebración do Día Mundial da Artrite, o vindeiro 16 de Outubro.

Consiste nun foro online no que calquera persoa poderá preguntar todo o que desexe saber sobre este tema. Configúrase así como un espazo accesible á cidadanía a través do cal facilitar acceso á información sobre a artrite e aclarar dúbidas a familiares, doentes e cidadanía en xeral sobre o manexo destas enfermidades.

 

Cómo facer as preguntas?

Hai varias formas de facelo: 

  • A través da páxina web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, no apartado "O experto responde". O día 16 de outubro, de 18.00 a 20:00 h., aparecerá un acceso que di "Envíe agora as súas preguntas", no que hai que entrar para formular calquera dúbida. A partir dese momento os expertos responderán ás cuestións plantexadas en tempo real.

  • Enviándoas previamente ao email da asociación info@artrite-santiago.org. As respostas respostaranse o día 16 a través da web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

  • Chamando por teléfono á asociación (deberase indicar un email). As respostas respostaranse o día 16 a través da web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

As respostas van estar colgadas na web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns durante bastante tempo polo que poderán consultarse a posteriori. 

 

Quen responderá ás preguntas?

O Dr. Alejandro Souto Vilas, médico especialista en Reumatoloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago (Hospital Clínico de Santiago) e Dna. Sandra Mujico Pena, presidenta da Asociación de Artrite de Santiago.

 

 

23 de xuño de 2014

Terapias complementarias

O pasado 13 de xuño tivo lugar a charla sobre terapias complementarias nas enfermidades reumáticas, organizado a través da Escola Galega de Saúde do Sergas. Neste obradoiro explicáronse os tipos de medicina: tradicional, alternativa, complementaria e integrativa. Dentro de estas últimas explicáronse as distintas categorías e cales son as máis recomendables para a artrite.

É importante facer fincapé na importancia de que se decidimos utilizar estas terapias debemos comentarllo ao noso reumatólogo porque algunhas poden ter contraindicacións e que se acudimos a profesionais que tamén teñan coñecementos de medicina moito mellor.

Deixamos unhas fotos dese día.



19 de maio de 2014

Charla: Terapias complementarias nas enfermidades reumáticas

O vindeiro 13 de xuño a través da Escola Galega de Saúde para Cidadáns vaise dar una charla sobre terapias complementarias nas enfermidades reumáticas.


A actividade é gratuíta, e pode asistir calquera persoa interesada no tema. Para inscribirse, hai que cubrir o formulario de inscrición da páxina web da Escola. Pica aquí para acceder directamente ao formulario.

  • Onde: Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. Aula 2. 1ª planta. Bloque D.
  • Cando: 13 de xuño. De 17:00 a 20:00 h.

Ir á web coa información completa

16 de decembro de 2013

"O Experto Responde" é unha iniciativa organizada pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns, do Sergas, na que persoas expertas rresponden a preguntas sobre determinadas doenzas, que calquera persoa pode formular a través da web.
O pasado 21 de outubro, con motivo do Día Mundial contra a Dor, a Asociación de Artrite de Santiago colaborou nesta actividade coa presenza de Marisa Balado como experta. Acompañouna nesta tarefa o Dr. Alejandro Souto Vilas, especialista en reumatoloxía.
Agora xa poden consultarse as preguntas e respostas que se trataron ese día:

Experto responde: histórico



23 de novembro de 2013

"Tomando control da súa saúde"

A Fundación Josep Laporte, no marco da Universidade dos Pacientes, e a través da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, realizou, os días 17 e 18 de setembro e 8 e 9 de outubro no Hospital Clínico de Santiago o taller de formación para formadores do programa “Tomando control da súa saúde”, da Universidade deStandford.


Sandra Mujico e Marisa Balado, da Asociación de Artrite de Santiago, recibiron o seu correspondente diploma tras realizar esta formación, nun acto de entrega que tivo lugar na Consellería de Sanidade o pasado 13 de novembro.


15 de outubro de 2013

Foro "O experto responde". Día Mundial contra a Dor

Con motivo da celebración do Día Mundial contra a Dor, o vindeiro 21 de Outubro terá lugar a realización dun foro online no que calquera persoa poderá preguntar todo o que desexe saber sobre este tema. Configúrase así como un espazo accesible á cidadanía a través do cal informar e aclarar dúbidas sobre o manexo da dor.

Cómo facer as preguntas?

A través da páxina web da Escola Galega de Saúde para cidadáns, no apartado "O experto responde". O día 21 de outubro, de 18.00 a 20:00 h., aparecerá un acceso que di "Envíe agora as súas preguntas", no que hai que entrar para formular calquera dúbida. A partir dese momento os expertos responderán ás cuestións plantexadas en tempo real.

Quen responderá ás preguntas?

O Dr. Alejandro Souto Vilas, especialista en Reumatoloxia do Hospital Clinico de Santiago e Marisa Balado García, presidenta  da Asociación de Artrite de Santiago.



2 de abril de 2013

Obradoiro de Técnicas de apoio psicolóxico en enfermidade reumatolóxica


Escola Galegade Saúde para Cidadáns do Sergas organiza, a proposta da Asociación de Artrite de Santiago e coa súa colaboración, un novo obradoiro gratuíto dirixido a pacientes con enfermidade reumatolóxica, familiares e poboación en xeral e centrado esta vez en técnicas de apoio psicolóxico.

 TÉCNICAS DE APOIO PSICOLÓXICO EN ENFERMIDADE REUMATOLÓXICA

Enma Mayo será a psicóloga encargada de impartir este obradoiro, co que se pretende mellorar a información e comprensión da enfermidade por parte dos pacientes, familiares, e cidadanía en xeral; proporcionar aos coidadores, familiares e pacientes as habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida no ámbito familiar, e fomentar a autonomía de todos os membros da familia.

No obradoiro traballarase sobre os seguintes temas:
  • Definición e clasificación.
  • Síntomas.
  • Evolución e tratamento.
  • Pautas de apoio emocional en síntomas psicolóxicos.
  • Autocoidados e coidado do coidador.
LugarHospital Clínico Universitario de Santiago, Aula 4D. Bloque D. Piso 1º.
Data10 de abril de 2013 de 17:00 a 20:00

11 de xaneiro de 2013

Obradoiro sobre exercicio e saúde na artrite

A Escola Galega de Saúde para Cidadáns organiza un obradoiro gratuíto sobre exercicio e saúde na artrite. 
Obxectivos:


  • Mellorar a información sobre a actividade física nas enfermidades crónicas ós pacientes, familiares e cidadáns en xeral
  • Proporcionar pautas de actuación ós coidadores e familiares para mellorar a calidade de vida. 
  • Fomentar o exercicio físico a todos os membros da familia.
Contidos xerais:
  • Exercicio físico nas enfermedades crónicas.
  • Actividades saudables.
  • Práctica e exemplos de técnicas.
A inscrición debe facerse a través da web da Escola (enlace).
  • Onde: no Hospital Clínico de Santiago, na Aula ·D (bloque D, andar 1, aula3)
  • Cando: o 30 de xaneiro de 2013 de 17:30 a 20:30



23 de marzo de 2012

Obradoiros en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns



A Escola Galegade Saúde para Cidadáns do Sergas organiza, a proposta da Asociación de Artrite de Santiago, dous obradoiros que se celebrarán proximamente, e que incidirán en dous aspectos importantes relacionados coas enfermidades reumáticas: o obradoiro de intervención psicolóxica na dor e o obradoiro de saúde afectivo-sexual. Ambos son gratuítos.


 
INTERVENCIÓN PSICOLÓXICA NA DOR

Impartido polo psicólogo Marcos Calvo Martínez, e dirixido a persoas que padezan dor crónica, as súas familias, e a cidadanía en xeral.

Con esta actividade preténdese poñer a disposición dos pacientes unha ferramenta útil e eficaz no control da dor crónica e aumentar o autocontrol dos pacientes sobre a súa dor para elevar a súa calidade de vida.

No obradoiro traballarase sobre os seguintes temas:
  • Concepto xeral da dor, apoio psicolóxico ao paciente.
  • Estratexias de afrontamento da dor e adaptación á enfermidade.
  • Control da ansiedade e estrés.
Lugar: Hospital Clínico Universitario de Santiago, Aula 4D. Edificio Docencia.
Data: 18/04/12 de 18:00 a 20:00


SAÚDE AFECTIVO-SEXUAL

Impartido polas traballadoras sociais Isabel Redondo Zambrano e Patricia Otero Ramos, e dirixido a persoas con enfermidades reumáticas e cidadanía en xeral.

Abordaranse contidos como o papel dos hábitos de saúde sexual na poboación e na prevención da enfermidade, recomendacións para un sexo saudable, e a sexualidade en poboación adulta-anciá.

Lugar: Hospital Clínico Universitario de Santiago, Aula 3d. Edificio D.
Data: 22/05/12 de 16:30 a 20:30

6 de novembro de 2010

Foro de Artrite

Como xa anunciáramos, o día 3 de outubro tivo lugar o foro sobre Artrite no que participaron como expertas a doutora reumatóloga Eva Pampín e a presidenta da nosa asociación, Marisa Balado. Foi unha iniciativa da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, do Sergas.

As preguntas e respotas formuladas no foro, así como as súas conclusións, poden consultarse na páxina web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns.


Ver as preguntas e respostas do foro
Ver conclusións do foro sobre Artrite