24 de febreiro de 2017

Valencia incorpórase á receita interoperable e Montserrat asegura que pronto o farán todas as comunidades | O xornal da RSS.

Trasládovos esta información, será posible que calquera das 2.358 oficinas de farmacia valencianas dispense a medicación prescrita noutra comunidade autónoma sen necesidade de que o cidadán ou cidadá presente unha receita en papel ou deba facer outro trámite administrativo. Do mesmo xeito, calquera valenciano que viaxe a unha comunidade con receita interoperable, poderá recoller a súa medicación nas farmacias só con presentar o seu cartón sanitario.

Polo momento, este servizo só está dispoñible en cinco comunidades, pero prevese que ao longo deste ano incorpórense ao RESNS o resto de autonomías. Para iso é necesario facer compatibles as diferentes aplicacións técnicas que soportan o sistema de receita electrónica en cada unha das comunidades e garantir dese modo a prestación farmacéutica no conxunto do Sistema Nacional de Saúde.

Contas con toda a información aquí: https://www.responsabilidadsociosanitaria.com/secciones/equidad/valencia-se-incorpora-a-la-receta-electronica-interoperable-y-montserrat-asegura-que-pronto-le-seguiran-todas-las-comunidades-9250

Fonte:  https://www.responsabilidadsociosanitaria.com/secciones/equidad/valencia-se-incorpora-a-la-receta-electronica-interoperable-y-montserrat-asegura-que-pronto-le-seguiran-todas-las-comunidades-9250

22 de febreiro de 2017

Saída gastronomica e cultural

O próximo 18 de marzo esta prevista a nosa saída anual gastronómica e cultural.

Pola mañá, visitaremos a fabríca de Bo-Queixo, en Boqueixón, farannos unha visita guiada polas instalacións e degustaremos uns queixos de fabricación propia. Tamén poderemos acceder á súa tenda para adquirir o queixo da nosa elección, se así o desexamos.


Posteriormente degustaremos un estupendo cocido no Restaurante Casa Lodeiro A de Rafael situado en Vila de Cruces.


E pola tarde, iremos ao Centro de Interpretación do Pico Sacro en Boqueixón, coa posibilidade de subir logo ao Pico Sacro (con guía). Nas instalacións deste centro explícase a orixe e formación do Pico Sacro desde o punto de vista da xeoloxía, pero tamén as lendas e referencias literarias asociadas a este monumento natural.


A saída será dende Santiago, no Centro Sociocultural de Fontiñas, situado na Rúa de Berlín, nº 13 ás 11:00 horas.


Rogamos comuníquenos a súa asistencia chamando ao nº de teléfono da Asociación: 659 084 950 ou ao email: info@artrite-santiago.org en horario de 9:00 a 13:00 de luns a venres (como data limite o 13 de marzo). A data limite para o pago e o 16 de marzo.

17 de febreiro de 2017

Chi Kung, Meditación y Tai Chi, cerca de ti!

Dende AAS entendemos a importancia e os beneficios que nós aporta a actividade física na nosa saúde, polo que queremos comentarlle que tedes a posibilidade de participar nos cursos de Tai Chi, Chi Kung e Meditación en distintos centros culturais . Este e o horario e os lugares donde se pode participar.



Como podrán ver, ampliouse os centros, eso ca idea de poder chegar a un número mayor de participantes.

Os prezos das actividades nos Centros S.Culturais roldan entre os 30€/trimestre e os 55€/trimestre, dependendo do nº de horas semanais da actividade. No caso de querer realizar as tres actividades (únicamento no C.S.C. de Fontiñas) o prezo será de 110€ o trimestre. Os socios de AAS contan a mayores con un desconto do 50% en todas as actividades.

A aportación no grupo de Meditación do C.S.Conxo é voluntaria.
Para realizar a inscripción deben acudir ou chamar ao centro do seu interese ou o 649 060 623.


Animarse, que o voso corpo agradecerávolo!

16 de febreiro de 2017

A Artrite reumatoide no embarazo


O embarazo afecta a cada muller con artrite de forma diferente. "A artrite pode afectar o embarazo en calquera etapa, desde a concepción ata as semanas posteriores ao nacemento", di a Fundación de Artrite na súa páxina web.

A Artrite reumatoide non afecta directamente a fertilidade da muller.

Antes de quedar embarazada, debe tratar de ter a súa artrite baixo o máximo control posible. Isto axudaralle durante e despois do embarazo. Debe visitar ao seu reumatólogo igual que ao obstetra.

Pero de entrada, contaremos co Dr. A. Mera Varela no Hospital Clinico o 9 de marzo 2017 ás 17h00 para darnos unha charla de como actuar fronte á Artrite no embarazo.


8 de febreiro de 2017

Solicitude do Cheque Familiar


Abriuse o prazo para solicitar a axuda de 1.200 € do “Cheque familiar” 2.017.
O prazo para solicitar o “Cheque familiar” é desde o luns 3 de febreiro ata o 31 de marzo.
Poden solicitar o “Cheque Familiar”
  • Familias numerosas, con polo menos 3 fillos ou Familias monoparentais con polo menos 2 fillos.
  • Familia con fillos dependentes con discapacidade superior ao 33%.
  • Familia con ascendientes dependentes con discapacidade superior ao 33%.
  • Familia numerosa de categoría especial: aquelas con cinco ou máis fillos ou aquelas familias con catro fillos, dos que polo menos tres sexan por parto ou adopción múltiple; e aquelas que teñan catro fillos e uns ingresos anuais non superiores ao 75% do IPREM (en doce pagas esa cantidade é de 4.792,59 euros e en catorce pagas son 5.591,35 euros).
As nais traballadoras con fillos menores de 3 anos seguen gozando desta dedución baixo as mesmas condicións.

Podedes solicitar a axuda sempre que cumprades cos requisitos:
  • Por internet: Por medio do DNI electronico ou o Pin24h
  • Por teléfono: Chamando ao Centro de Atención Telefónica da Axencia Estatal de Administración Tributaria no 901 200 345 e achegando o importe da casa 415 da declaración do IRPF do ano anterior
  • Presencial: en calquera oficina da Axencia Tributaria (a partir do 3 de febreiro) presentando o modelo 143 correctamente enchido. Unha vez impreso débeno asinar todos os solicitantes.