O próximo 18 de marzo esta prevista a nosa saída anual gastronómica e cultural.
Pola mañá, visitaremos a fabríca de Bo-Queixo, en Boqueixón, farannos unha visita guiada polas instalacións e degustaremos uns queixos de fabricación propia. Tamén poderemos acceder á súa tenda para adquirir o queixo da nosa elección, se así o desexamos.
Posteriormente degustaremos un estupendo cocido no Restaurante Casa Lodeiro A de Rafael situado en Vila de Cruces.
E pola tarde, iremos ao Centro de Interpretación do Pico Sacro en Boqueixón, coa posibilidade de subir logo ao Pico Sacro (con guía). Nas instalacións deste centro explícase a orixe e formación do Pico Sacro desde o punto de vista da xeoloxía, pero tamén as lendas e referencias literarias asociadas a este monumento natural.
A saída será dende Santiago, no Centro Sociocultural de Fontiñas, situado na Rúa de Berlín, nº 13 ás 11:00 horas.
Rogamos comuníquenos a súa asistencia chamando ao nº de teléfono da Asociación: 659 084 950 ou ao email: info@artrite-santiago.org en horario de 9:00 a 13:00 de luns a venres (como data limite o 13 de marzo). A data limite para o pago e o 16 de marzo.
0 comentarios:
Fai un comentario: