8 de febreiro de 2017

Solicitude do Cheque Familiar


Abriuse o prazo para solicitar a axuda de 1.200 € do “Cheque familiar” 2.017.
O prazo para solicitar o “Cheque familiar” é desde o luns 3 de febreiro ata o 31 de marzo.
Poden solicitar o “Cheque Familiar”
  • Familias numerosas, con polo menos 3 fillos ou Familias monoparentais con polo menos 2 fillos.
  • Familia con fillos dependentes con discapacidade superior ao 33%.
  • Familia con ascendientes dependentes con discapacidade superior ao 33%.
  • Familia numerosa de categoría especial: aquelas con cinco ou máis fillos ou aquelas familias con catro fillos, dos que polo menos tres sexan por parto ou adopción múltiple; e aquelas que teñan catro fillos e uns ingresos anuais non superiores ao 75% do IPREM (en doce pagas esa cantidade é de 4.792,59 euros e en catorce pagas son 5.591,35 euros).
As nais traballadoras con fillos menores de 3 anos seguen gozando desta dedución baixo as mesmas condicións.

Podedes solicitar a axuda sempre que cumprades cos requisitos:
  • Por internet: Por medio do DNI electronico ou o Pin24h
  • Por teléfono: Chamando ao Centro de Atención Telefónica da Axencia Estatal de Administración Tributaria no 901 200 345 e achegando o importe da casa 415 da declaración do IRPF do ano anterior
  • Presencial: en calquera oficina da Axencia Tributaria (a partir do 3 de febreiro) presentando o modelo 143 correctamente enchido. Unha vez impreso débeno asinar todos os solicitantes.


0 comentarios:

Fai un comentario: