29 de outubro de 2014

Revista "Mi hospital de Día de Reumatología"


"Mi Hospital de Día de Reumatología" é unha revista publicada por MSD, que conta coa colaboración de ConArtritis. 

Todos ellos escritos por doctores especializados en el tema.
Esta publicación pode encontrarse na consulta do médico, no Hospital de Día, e tamén a través da web de ConArtritis.


28 de outubro de 2014

Taller sobre recursos sanitarios

A Escola Galega de Saúde para Cidadáns, do Sergas, está a organizar un taller co obxectivo de mellorar a información e comprensión dos recursos sanitarios por parte dos pacientes, familiares e cidadanía en xeral.
Será o vindeiro 31 de outubro no Hospital Clínico de Santiago (Aula 3D, bloque D, 1º andar)












.


CONTIDOS

  • Organización e funcionamento dos servizos sanitarios.
  • Acceso e uso de urxencias e emerxencias 061.
  • Acceso e uso das consultas e probas.
  • Acceso e uso de consultas telefónicas.
  • Citación online.
  • Acceso e uso de atención primaria.
  • Acceso e uso de hospitalización, hospitalización a domicilio e hospital de día.
  • Acceso á atención á violencia de xénero, teléfono 016.
  • Onde encontrar esta información e como acceder a ela 
  • Cómo entender a información e incorporar o aprendido.
  • Outros recursos sanitarios.
  • Acceso e uso da Escola Galega de Saúde para Cidadáns. 
  • Tarxeta sanitaria. 
  • Transporte sanitario. 
  • Información para cidadáns. 
  • Web oficial, Webs sanitarias fiables. Revistas sanitarias fiables.
Para facer a inscrición pode facerse a través da páxina web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns 

27 de outubro de 2014

Proxecto ANDAR

ConArtritis, co patrocinio de Abbie, puxo en marcha o proxecto ANDAR.

ANDAR é unha plataforma de seguimento da enfermidade, que nunha linguaxe simple nos axuda ás persoas con artrite a tomar un papel activo fronte a esta.

Recentemente publicouse na revista MIRA un artigo sobre esta plataforma onde se explica moi ben en qué consiste e como empezar a utilizala. Consultar artigo.

Unha vez que entre na web www.proyectoandar.com tes que rexistrarte (onde pon "Si no dispone de código de acceso pulse aquí") e empezar a cumprimentar os teus datos para facer o seguimento da túa enfermidade. E ademais, tamén podes descargar a aplicación para tablets, i-pad ou Smartphone.

Se tes algunha dúbida podes chamar ao teléfono: 91 535 21 41.

24 de outubro de 2014

Actividades da asociación

Nas últimas semanas na Asociación de Artrite tivemos unha actividade intensa. Facemos un resumen dos eventos que organizamos ou nos que participamos:


  • O 24 DE SETEMBRO: Estivemos presentes en BIOSPAIN en el "PATIENTS FORUM, THE OSTEOARTHRITIS EXPERT PATIENT". Entre os ponentes podemos destacar a Benjamín Abarca, médico de atención primaria ; Jordi Monfort, reumatólogo do Hospital del Mar de Barcelona e Mercedes Carreras Viñas, Directora da Escola Galega de Saúde para Cidadáns. Neste forum destacouse que a cidadanía cada vez esixe maior corresponsabilidade no ámbito sanitario pero a súa vez alfabetización en saúde é baixa, as enquisas mostran que o 40% da poboación non sabe cando debe solicitar unha 2ª opinión ou que o 33% non sabe utilizar a información que lle dá o médico sobre a súa enfermidade. Por esta razón nace a figura do Doente Experto no que se pretende é formar non só a doentes senón que tamén a coidadores e familiares en saúde en un abordaxe multidisciplinar.

  • 28 DE SETEMBRO: Fomos de excursión ao Grove e a Illa da Toxa. No Grove viaxamos en catamarán, onde nos explicaron como se cultivan os mexilóns, ostras e vieiras, despois puidemos disfrutar dunha degustación de mexilóns con viño albariño. Pola tarde disfrutamos do bo tempo paseando pola Illa da Toxa.



  • 1 DE OUTUBRO: O día 1 é o Día Nacional da Artrite, para conmemoralo puxemos mesas informativas para que doentes, familiares e público en xeral se poideran informar, asesorar e levar material informativo. Estivemos presentes no Hospital Clínico de Santiago, Hospital Provincial de Conxo e no Ambulatorio Concepción Arenal.


  • 3 DE OUTUBRO: O día 3 de outubro celebramos a X Xornada Nacional de Artrite enmarcada dentro da campaña "Outubro, mes da Artrite", cun completo programa: A Carmen Iglesias Rey, directora de FSC Inserta falounos dos recursos para persoas con artrite, concretamente da plataforma de emprego para persoas con discapacidade que desenvolven dende a súa entidade; Emilia Vázquez Rodríguez, avogada, falounos dos dereitos dos doentes, como o dereito a unha segunda opinión ou a opción de facer un testamento vital; a Dra. Eva Salgado Pérez, reumatóloga, explicou a importancia da adherencia na enfermidade da artrite, isto é, a toma da medicación de xeito correcto; e Montse Sánchez Barcia, educadora social e colaboradora da asociación, falounos das redes de apoio para as persoas con artrite. Todos aqueles que se acercaron puideron levar información, resolver todas as súas dúbidas e ó final da xornada disfrutamos duns pinchos.








 


  • 10 DE OUTUBRO: estivemos presentes na I Xornada Divulgativa para o paciente reumático celebrada pola Sociedadeg Galega de Reumatoloxía en Ferrol. Puxemos unha mesa informativa para que todos aqueles que se aceracron á Xornada poideran coñecernos e levar información. 



23 de outubro de 2014

Charla: Prevención de infeccións en enfermidades reumáticas

O próximo día 30 de outubro imos celebrar grazas á Escola Galega de Saúde para Cidadáns unha charla sobre "Prevención de infeccións en enfermidades reumáticas", a cargo da Dra. Eva Pampín, reumatóloga. 


O obxectivo desta charla é mellorar a información e comprensión sobre estes temas por parte dos pacientes e familiares proporcionando as habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida.

Programa:  
  • Importancia da vacinación nas enfermidades reumáticas. 
  • Hixiene e prevención de infeccións. 
 Lugar de celebración: Aula clínica, 5ª planta do Hospital Clínico de Santiago. 
 Data: 30 de outubro 2014 
 Horario: 16:30 – 19:30 h. 
 Profesorado: Dra. Eva Pérez Pampín. Reumatóloga en el CHUS 


Para acudir é necesario inscribirse. A inscrición pode facerse online directamente a través da "Escola Galega de Saúde para Cidadáns" (pincha aquí para ir ao formulario de inscrición) ou ben chamando ao teléfono da asociación 659 084 950 ou ao email: 
info@artrite-santiago.org, para que nós fagamos a inscrición.

Esperámosvos! 


22 de outubro de 2014

Estancia termal bo balneario Laias Caldaria


Un ano máis temos prevista unha saída ao balneario Laias Caldaria para o próximo mes de novembro. As datas concretas serán do 3 ao 8 de novembro (de luns a sábado).

No balneario disporemos de:


  • Pensión en réxime completo (almorzo, xantar e cea).
  • 6 días (cinco noites).
  • Traslado incluído (ida e volta).
  • Asistencia médica.
  • Programa termal individualizado segundo criterio médico.
  • Programa de animación.

A saída realizarase o luns 3 de novembro dende o Centro Sociocultural de Fontiñas ás 12:00h.

Esperamos que esta actividade sexa do voso agrado e vos animedes a pasar estes días connosco.


Inscrición ata o 23 de outubro chamando ó teléfono da asociación 659.084.950 (de luns a venres entre 10:30 - 13:00 h.) ou ao email: info@artrite-santiago.org

20 de outubro de 2014

Foro: o experto responde. Respostas


"O Experto Responde" é unha iniciativa organizada pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns, do Sergas, na que persoas expertas rresponden a preguntas sobre determinadas doenzas, que calquera persoa pode formular a través da web.
O pasado 16 de outubro, con motivo do Día Mundial da Artrite, a Asociación de Artrite de Santiago colaborou nesta actividade coa presenza de Sandra Mujico como experta. Acompañouna nesta tarefa o Dr. Alejandro Souto Vilas, especialista en reumatoloxía.
Xa poden consultarse as preguntas e respostas que se trataron ese día:

Experto responde: histórico
Ver preguntas e respostas de


13 de outubro de 2014

Homenaxe a Marisa Balado

O pasado 3 de outubro foi a X Xornada Nacional da Artrite, que rematou coa homenaxe a Marisa Balado, como principal promotora da creación da asociación, hai xa case 10 anos. Un acto emotivo, no que quixemos recoñecer o labor desta gran loitadora, e no que a propia Marisa tamén expresou o seu agradecemento a esta "gran familia", ás persoas que compartiron con ela a xestión da asociación durante estes anos, e á súa familia que sempre a apoiou e acompañou.


Marisa Balado durante
o acto de homenaxe

12 de outubro de 2014

Decálogo de dereitos e deberes do paciente con artrite

Coincidindo co Día Nacional da Artrite, celebrado o 1 de outubro, e no acto de presentación da décima edición da campaña Outubro, mes da Artrite, a Coordinadora Nacional de Artrite, ConArtritis, deu a coñecer Dereitos e Deberes do Paciente en 3D, un decálogo que recolle os dereitos e os deberes do paciente con artrite reumatoide, artrite psoriásica, artrite idiopática xuvenil e espondiloartritis elaborado pola propia entidade.

Este documento nace co obxectivo de promover o coñecemento dos dereitos e deberes do colectivo que representa ConArtritis, tendo en conta a lexislación vixente e as necesidades específicas destes pacientes.

Descargar o Decálogo de Dereito e Deberes do Paciente con AR, Aps, AIJ e Espondiloartritis.



11 de outubro de 2014

Foro: O experto responde

Moi pronto teremos unha nova edición do Foro "O experto responde", a través da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, do Sergas. Esta vez con motivo da celebración do Día Mundial da Artrite, o vindeiro 16 de Outubro.

Consiste nun foro online no que calquera persoa poderá preguntar todo o que desexe saber sobre este tema. Configúrase así como un espazo accesible á cidadanía a través do cal facilitar acceso á información sobre a artrite e aclarar dúbidas a familiares, doentes e cidadanía en xeral sobre o manexo destas enfermidades.

 

Cómo facer as preguntas?

Hai varias formas de facelo: 

  • A través da páxina web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, no apartado "O experto responde". O día 16 de outubro, de 18.00 a 20:00 h., aparecerá un acceso que di "Envíe agora as súas preguntas", no que hai que entrar para formular calquera dúbida. A partir dese momento os expertos responderán ás cuestións plantexadas en tempo real.

  • Enviándoas previamente ao email da asociación info@artrite-santiago.org. As respostas respostaranse o día 16 a través da web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

  • Chamando por teléfono á asociación (deberase indicar un email). As respostas respostaranse o día 16 a través da web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

As respostas van estar colgadas na web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns durante bastante tempo polo que poderán consultarse a posteriori. 

 

Quen responderá ás preguntas?

O Dr. Alejandro Souto Vilas, médico especialista en Reumatoloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago (Hospital Clínico de Santiago) e Dna. Sandra Mujico Pena, presidenta da Asociación de Artrite de Santiago.

 

 

1 de outubro de 2014

XLIV Congreso da Sogare

Durante este mes de outubro, a parte das actividades organizadas pola Asociación de Artrite de Santiago e por ConArtritis, a Sociedade Galega de Reumatoloxía (Sogare) organiza o seu XLIV Congreso, que será en Ferrol do 10 ao 12 de outubro.
Reunirá aos profesionais galegos da reumatoloxía, e reserva ademais un espazo para os pacientes. Este "Día do paciente reumático" será o venres 10 de outubro, no Salón de Actos do Hospital Arquitecto Macide de Ferrol.