- O 24 DE SETEMBRO: Estivemos presentes en BIOSPAIN en el "PATIENTS FORUM, THE OSTEOARTHRITIS EXPERT PATIENT". Entre os ponentes podemos destacar a Benjamín Abarca, médico de atención primaria ; Jordi Monfort, reumatólogo do Hospital del Mar de Barcelona e Mercedes Carreras Viñas, Directora da Escola Galega de Saúde para Cidadáns. Neste forum destacouse que a cidadanía cada vez esixe maior corresponsabilidade no ámbito sanitario pero a súa vez alfabetización en saúde é baixa, as enquisas mostran que o 40% da poboación non sabe cando debe solicitar unha 2ª opinión ou que o 33% non sabe utilizar a información que lle dá o médico sobre a súa enfermidade. Por esta razón nace a figura do Doente Experto no que se pretende é formar non só a doentes senón que tamén a coidadores e familiares en saúde en un abordaxe multidisciplinar.
- 28 DE SETEMBRO: Fomos de excursión ao Grove e a Illa da Toxa. No Grove viaxamos en catamarán, onde nos explicaron como se cultivan os mexilóns, ostras e vieiras, despois puidemos disfrutar dunha degustación de mexilóns con viño albariño. Pola tarde disfrutamos do bo tempo paseando pola Illa da Toxa.
- 1 DE OUTUBRO: O día 1 é o Día Nacional da Artrite, para conmemoralo puxemos mesas informativas para que doentes, familiares e público en xeral se poideran informar, asesorar e levar material informativo. Estivemos presentes no Hospital Clínico de Santiago, Hospital Provincial de Conxo e no Ambulatorio Concepción Arenal.
- 3 DE OUTUBRO: O día 3 de outubro celebramos a X Xornada Nacional de Artrite enmarcada dentro da campaña "Outubro, mes da Artrite", cun completo programa: A Carmen Iglesias Rey, directora de FSC Inserta falounos dos recursos para persoas con artrite, concretamente da plataforma de emprego para persoas con discapacidade que desenvolven dende a súa entidade; Emilia Vázquez Rodríguez, avogada, falounos dos dereitos dos doentes, como o dereito a unha segunda opinión ou a opción de facer un testamento vital; a Dra. Eva Salgado Pérez, reumatóloga, explicou a importancia da adherencia na enfermidade da artrite, isto é, a toma da medicación de xeito correcto; e Montse Sánchez Barcia, educadora social e colaboradora da asociación, falounos das redes de apoio para as persoas con artrite. Todos aqueles que se acercaron puideron levar información, resolver todas as súas dúbidas e ó final da xornada disfrutamos duns pinchos.
- 10 DE OUTUBRO: estivemos presentes na I Xornada Divulgativa para o paciente reumático celebrada pola Sociedadeg Galega de Reumatoloxía en Ferrol. Puxemos unha mesa informativa para que todos aqueles que se aceracron á Xornada poideran coñecernos e levar información.
0 comentarios:
Fai un comentario: