31 de maio de 2014

Nº 14 de A tu Ritmo

Xa está dispoñible o número 14 do boletín "A tu Ritmo" da Coordinadora Nacional de Artritis, ConArtritis, e as súas asociacións membro.

Neste número preséntannos unha nova incorporación, a da Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra, ASEARPO, que se une á Coordinadora coa ilusión de achegar o seu grano de area. A aprobación da súa adherencia realizouse durante a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria de ConArtritis, da cal tamén se fala no boletín.

Outra novidade son os cambios que se produciron na Xunta Directiva de ConArtritis, xunto con outras novidades que se produciron nos últimos meses, as actividades que realizaron algunhas das asociacións membro ou que teñen planificadas levar a cabo nas próximas semanas.
 

29 de maio de 2014

40º Congreso da Sociedade Española de Reumatoloxía

Os días 21, 22 e 23 de maio, Santiago de Compostela acolleu o 40º Congreso da Sociedade Española de Reumatoloxía, que reuniu a reumatólogos e reumatólogas de todo o país.

Neste evento científico fíxose unha actualización dos máis novidosos avances tanto no diagnóstico e abordaxe, como no tratamento de algunhas das máis de 250 enfermidades que se engloban dentro das patoloxías reumáticas e que se estima afectan a case 11 millóns de persoas en España. 

A Sociedade Española de Reumatoloxía habilitou un espazo no Congreso para as asociacións de pacientes. Así, a Asociación de Artrite de Santiago puido ter presenza no congreso, xunto a ConArtritis, Liga Española de Reumatoloxía, a Liga Reumatolóxica Galega, FELUPUS, Asociación Española de Síndrome de SjögrenAcción Psoriais e a Coordinadora Española de Asociaciónes de Espondilitis

Por primeira vez, deuse voz aos pacientes no congreso de reumatoloxía, a través da ponencia de Antonio Torralba, presidente de ConArtritis, que tratou sobre a visión do doente enmarcada no tema: "necesidades non cubertas na artrite reumatoide".

Agradecemos dende aquí á Sociedade Española de Reumatoloxía o feito de ternos reservado un espazo ás asociacións do sector. 

Deixamos unhas fotos tomadas durante eses días.

19 de maio de 2014

Charla: Terapias complementarias nas enfermidades reumáticas

O vindeiro 13 de xuño a través da Escola Galega de Saúde para Cidadáns vaise dar una charla sobre terapias complementarias nas enfermidades reumáticas.


A actividade é gratuíta, e pode asistir calquera persoa interesada no tema. Para inscribirse, hai que cubrir o formulario de inscrición da páxina web da Escola. Pica aquí para acceder directamente ao formulario.

  • Onde: Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. Aula 2. 1ª planta. Bloque D.
  • Cando: 13 de xuño. De 17:00 a 20:00 h.

Ir á web coa información completa

15 de maio de 2014

"Reumatología y pacientes", en facebook

A Sociedade Española de Reumatoloxía ten unha comunidade en Facebook chamada 'Reumatologia y pacientes' a través da cal informa sobre diversas actividades e noticias de interese tanto para pacientes con enfermidades reumáticas como para especialistas. 
Non dubides en darlle a "gústame" para estar ao tanto das súas novidades.

7 de maio de 2014

Charla sobre reumatoloxía pediátrica

O pasado 25 de abril organizamos esta charla na que tanto as nais e pais como os nenos e nenas asistentes recibiron información por parte da Dra. Inmaculada Calvo sobre que é a Artrite Idiopática Xuvenil, as distintas enfermidades englobadas, os tratamentos, a importancia dos ensaios clínicos e do movemento organizativo para facer fronte a este problema ante a sociedade e máis concretamente nos colexios para que se teñan en conta as  necesidades da infancia, e como tratar o neno ou nena con artrite na súas distintas fases ata que se chegue á etapa adulta, destacando a importancia da figura do reumatólogo pediátrico.