Amosando publicacións coa etiqueta congreso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta congreso. Amosar todas as publicacións

3 de outubro de 2015

II Congreso de pacientes con enfermidades reumáticas en Barcelona

O evento retransmitirase en directo vía streaming.

A Sociedade Española de Reumatoloxía convídavos a participar na II edición do Congreso de pacientes con enfermidades reumáticas, que se celebra os días 23 e 24 de outubro no Hotel Barceló Sants de Barcelona.


O obxectivo é crear un punto de encontro para este colectivo de pacientes. Ofrecerase información fiable e de calidade sobre as patoloxías reumáticas nunha contorna de confianza e colaboración mutua. Este ano o evento será máis dinámico e participativo, coas mesas expostas nun formato de debate para favorecer o coloquio entre todos os participantes.

Está dirixido a pacientes con artrite reumatoide, osteoporose, lupus, espondilite anquilosante, síndrome de Sjögren, e outras enfermidades reumáticas.

Para lograr unha maior difusión o congreso será retransmitido vía streaming, para que todas as persoas que non poidan asisitir visualicen o evento, que será moi dinámico e participativo

Para inscribirse só é necesario enviar un e-mail a pacientes@ser.es con nome, apelidos, teléfono e cidade de procedencia. Se queres acudir apúntate canto antes, a inscrición é gratuita (aforo limitado).

Programa do Congreso

1 de outubro de 2014

XLIV Congreso da Sogare

Durante este mes de outubro, a parte das actividades organizadas pola Asociación de Artrite de Santiago e por ConArtritis, a Sociedade Galega de Reumatoloxía (Sogare) organiza o seu XLIV Congreso, que será en Ferrol do 10 ao 12 de outubro.
Reunirá aos profesionais galegos da reumatoloxía, e reserva ademais un espazo para os pacientes. Este "Día do paciente reumático" será o venres 10 de outubro, no Salón de Actos do Hospital Arquitecto Macide de Ferrol.


29 de maio de 2014

40º Congreso da Sociedade Española de Reumatoloxía

Os días 21, 22 e 23 de maio, Santiago de Compostela acolleu o 40º Congreso da Sociedade Española de Reumatoloxía, que reuniu a reumatólogos e reumatólogas de todo o país.

Neste evento científico fíxose unha actualización dos máis novidosos avances tanto no diagnóstico e abordaxe, como no tratamento de algunhas das máis de 250 enfermidades que se engloban dentro das patoloxías reumáticas e que se estima afectan a case 11 millóns de persoas en España. 

A Sociedade Española de Reumatoloxía habilitou un espazo no Congreso para as asociacións de pacientes. Así, a Asociación de Artrite de Santiago puido ter presenza no congreso, xunto a ConArtritis, Liga Española de Reumatoloxía, a Liga Reumatolóxica Galega, FELUPUS, Asociación Española de Síndrome de SjögrenAcción Psoriais e a Coordinadora Española de Asociaciónes de Espondilitis

Por primeira vez, deuse voz aos pacientes no congreso de reumatoloxía, a través da ponencia de Antonio Torralba, presidente de ConArtritis, que tratou sobre a visión do doente enmarcada no tema: "necesidades non cubertas na artrite reumatoide".

Agradecemos dende aquí á Sociedade Española de Reumatoloxía o feito de ternos reservado un espazo ás asociacións do sector. 

Deixamos unhas fotos tomadas durante eses días.

2 de abril de 2014

Estivemos no I Congreso de pacientes con enfermidades reumáticas

A Sociedade Española de Reumatoloxía empezou a traballar nunha nova liña estratéxia para o achegamento aos pacientes. E boa mostra disto foi a posta en marcha do I Congreso de pacientes con enfermidades reumáticas, que se celebrou en Madrid os días 21 e 22 de marzo, e no que tivemos ocasión de participar.
O obxectivo principal foi crear un punto de encontro no que dar cabida ás necesidades e inquietudes das persoas que padecen enfemidades reumáticas, así como mellorar a súa información nun entorno de confianza e colaboración mutua.
Tratáronse temas de interese xeral como a discapacidade, a dor crónica, o papel da Atención Primaria e a Enfermería, o movemento asociativo e os hábitos de vida saudables; pasando por outros asuntos de actualidade como os fármacos biosimilares ou a Estratexia Nacional de Enfermidades Reumáticas e Musculoesqueléticas.
ConArtritis foi unha das entidades que colaboraron na organización do Congreso, formando parte do seu Comité Científico, co obxectivo de trasladar as inquietudes e necesidades dos pacientes con artrite.

O programa do congreso pode consultarse aquí.