30 de marzo de 2011

Excursión a Portugal

Os días 29 e 30 de abril e 1 de maio (venres, sábado e domingo) organizamos unha visita ao noso país veciño, visitando Fátima, Tomar, Nazaré, etc. 

A viaxe inclúe autocar, estancia en réxime pensión completa (bebidas incluídas), seguro de viaxe e guía acompañante.

Para reservar, podes facelo chamando ao teléfono da asociación: 659 084 950. 

Non fai falta ser socio/a para asistir.


ITINERARIO:
Día 29 de abril
  • Saída ás 15:00 h. do Centro Sociocultural de Fontiñas con destino a Fátima, facendo as paradas necesarias en ruta.
  • Chegada ao hotel.
  • Cea e aloxamento.
 Día 30 de abril
  • Almorzo. Saída para visitar a cidade dos templarios “Tomar”, onde destaca o seu castelo, o casco antigo e o barrio xudeu.
  • Xantar no hotel.
  • Pola tarde visitaremos “O Sitio” desde onde hai unha excelente panorámica da cidade de Nazaré. A continuación visitaremos esta fermosa vila pesqueira e turística.
  • Regreso ao hotel.
  • Cea e aloxamento.
 Día 1 de maio
  • Almorzo. Saída para Aljustrel para visitar as casas onde naceron os pastores.
  • A continuación visitaremos a Gruta da Moeda.
  • Regreso a Fátima para visitar o seu santuario e a nova igrexa subterránea recentemente inaugurada.
  • Xantar.
  • Saída para Galicia facendo unha parada en Valença do Miño para compras.
  • Chegada a Santiago, aproximadamente ás 22:00 h.

24 de marzo de 2011

Vivir con artrite: consellos (12)

Reláxate
Cando estamos máis nerviosos, os músculos están tensos e estamos máis sensibles á dor, e se aumenta a dor, cada vez estamos máis nerviosos, producíndose un círculo “nerviosismo-dor-nerviosismo”. A relaxación pode ser unha forma de rompelo. Empeza con respiracións lentas e profundas, despois trata de relaxar todas as partes do corpo, imaxinando que están frouxas e pesadas, para terminar imaxinando unha imaxe que che resulte agradable, como unha praia. Para que isto funcione, debes utilizar todos os sentidos (escoitar as olas, sentir o calor do sol sobre a pel…). Podes facer estes exercicios en silencio ou con música relaxante, pero debes practicar con regularidade.

Extraído do artigo “Técnicas que pueden ayudarte a manejar el dolor”, publicado na revista Mira nº 2. Autora: Leticia León Mateos.