15 de outubro de 2016

Recital de música no CGAC

O vindeiro luns 17 de outubro, ás 19:00 h. terá lugar no Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago (CGAC) un recital de piano e chelo, a cargo de Urtext Dúo.

Urtext Dúo está formado pola violonchelista Enma Urango e a pianista Yolanda Delgado. 
E aínda que non o pareza, este recital ten algo que ver coa artrite, pois Yolanda sofre esta enfermidade dende hai anos, chegando incluso a ter que deixar de tocar por completo, pero que grazas aos seus médicos e aos traballos de investigación neste campo logrou pouco a pouco volver a estar en activo. Así, nós podemos seguir disfrutando do seu talento, e a ela da súa profesión.


Yolanda anímanos a escoitar a súa música, e nós queremos amosar o seu caso como un exemplo, demostrando que é posible padecer artrite e seguir ou recuperar a nosa vida e actividade normal, a pesar das dificultades.

Recorda, o luns 17 de outubro, ás 17:00 h., no CGAC (Rúa Valle Inclán, 2 ao lado do Museo do Pobo Galego)

Descargar programa do recital