Amosando publicacións coa etiqueta puntos de encuentro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta puntos de encuentro. Amosar todas as publicacións

30 de maio de 2012

"Puntos de encuentro"

"Mejorando vidas a través de la información" é o lema do programa "Puntos de encuentro". 

Trátase dun proxecto divulgativo dirixido a pacientes, promovido pola compañía Whyeth, hoxe fusionada con Pfizer.

Este portal dedicado a enfermidades reumáticas, apórtanos información acerca da artrite reumatoide, artrite idiopática xuvenil, artrite psoriásica, psoriase e espondilite anquilosante. Centrándose en cada unha destas doenzas dan resposta a cuestións moi interesantes, que van dende a definición da enfermidade e a descrición dos síntomas ata recomendacións, diagnóstico, tratamentos, e preguntas frecuentes.