A Consellería de Traballo e Benestar publicou recentemente a orde que regula as axudas a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2013. As persoas que poidan solicitala, teñen de prazo 40 días naturais, a contar dende o seguinte á da publicación da orde (publicada no DOG do 1 de abril)
Amosando publicacións coa etiqueta axudas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta axudas b>. Amosar todas as publicacións
6 de abril de 2013
Axudas por fillos/as menores de 3 anos
A Consellería de Traballo e Benestar publicou recentemente a orde que regula as axudas a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2013. As persoas que poidan solicitala, teñen de prazo 40 días naturais, a contar dende o seguinte á da publicación da orde (publicada no DOG do 1 de abril)14 de marzo de 2012
Axudas para aluguer de vivenda
No DOG do 14 de marzo publicouse unha convocatoria de axudas dirixidas ás persoas titulares das vivendas arrendadas no marco do Programa Aluga durante o ano 2012.Establece dúas modalidades de subvención dirixidas aos titulares das vivendas arrendadas no marco do citado programa: para o financiamento parcial das obras e reformas, e para gastos derivados do aluguer.
O prazo finaliza o 30 de abril.
As solicitudes non atendidas no exercicio 2011 por falta de orzamento, pódense presentar agora no prazo de un mes.
28 de febreiro de 2012
Axudas por fillas/os menores de tres anos
A Consellería de Traballo e
Benestar publicou recentemente a orde que regula as axudas a concesión
da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores
de tres anos para o ano 2012. Trátase dunha axuda de 360 euros por cada fillo menor de tres anos (nacidos entre o 02/01/09 e o 01/01/12 inclusive).
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 26 de marzo.
Ver texto da orde
28 de febreiro de 2011
Axudas para a promoción da autonomía persoal e accesibilidade
A Consellería de Traballo e Benestar publicou recentemente a orde que regula as axudas individuais destinadas á promoción da autonomía persoal e a accesibilidade.
Estas axudas están destinadas a:
- Apoiar a persoa con axudas técnicas ou produtos de apoio para o normal desenvolvemento da vida diaria.
- Facilitar as adaptacións funcionais do fogar e a eliminación de barreiras arquitectónicas e de comunicación no interior da vivenda que contribúan a mellorar a autonomía persoal e a previr situacións de dependencia maiores, así como mellorar a súa accesibilidade.
- Adquisición de próteses dentais e audífonos co obxecto de compensar as limitacións funcionais.
O prazo de solicitude é de dous meses, a contar dende o seguinte ao da publicación da orde (publicada no DOG do 28 de febreiro)
16 de febreiro de 2011
Axudas por fillas e fillos menores de tres anos
A Consellería de Traballo e Benestar publicou recentemente a orde que regula as axudas a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2011. As persoas que poidan solicitala, teñen de prazo 40 días naturais, a contar dende o seguinte á da publicación da orde (publicada no DOG do 15 de febreiro)12 de novembro de 2010
Axudas sociais extraordinarias para pensionistas de xubilación e invalidez
O pasado 3 de novembro publicouse no Diario Oficial de Galicia o Decreto 180/2010, do 21 de outubro, polo que se establecen axudas sociais de carácter extraordinario a favor de pensionistas de xubilación e invalidez, na súa modalidade non contributiva, a favor de persoas perceptoras do fondo de asistencia social e de persoas beneficiarias do subsidio de garantía de ingresos mínimos.
A contía destas axudas fíxase en 206 euros, que se aboarán mediante un pagamento único por transferencia bancaria ás persoas que cumpran os requisitos, sen necesidade de que éstas o soliciten.
Beneficiaranse destas axudas as persoas que perciban pensións de invalidez e xubilación na súa modalidade non contributiva, as do fondo nacional de asistencia social (FAS) e as do subsidio de garantía de ingresos mínimos (SGIM), e que estean en situación de alta e teñan residencia habitual no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia na data de entrada en vigor deste decreto.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)