O vindeiro luns 29 de outubro ás 12.00 h. a Escola de Pacientes volve co videochat sobre artrite co Dr. Eduardo Collantes.
Eduardo Collantes é considerado o mellor reumatólogo español, segundo o primeiro Monitor de Reputación Sanitaria de España.
Estudou na Facultade de Medicina de Córdoba, e especializouse en París en enfermidades reumaticas. Foi pioneiro na introdución do concepto de espondiloartritis en España, e desde entón, tenta compaxinar a súa faceta como docente da Universidade de Córdoba coa súa paixón pola investigación desde o IMIBIC e desde o Hospital Universitario Raíña Sofía de Córdoba, onde é xefe de Servizo de Reumatoloxía.
Poderase ver en: www.escueladepacientes.es
Día: Luns 29 de outubro
Hora: 12.00 h
Hastag: #preguntaArtritis
Podes facer a túa pregunta por calquera destas vías:
- Cun comentario neste post:
https://elblogdelaescueladepacientes.blogspot.com/2018/10/nuevo-videochat-preguntaartritis-con-el.html
- Por correo electrónico ata 2 horas antes da entrevista
- Por twitter ou Facebook de Escola de Pacientes
ESPERÁMOSCHE!
Escola de Pacientes
26 de outubro de 2018
24 de outubro de 2018
Convidámosche o encontro dixital “Artrite Reumatoide: Unha vida de cambios… "
Non te perdas o directo en Facebook este xoves,
25 de outubro ás 18:30 h.
Falaremos sobre os aspectos sociais, médicos e laborais das persoas que padecen artrite reumatoide.
Contaremos coa presenza de:
- Jorge Campmany (Avogado experto en Incapacidades Laborais)
- Antonio I. Torralba (Presidente de ConArtritis )
- Dr. Ferran J. García Fructuoso (Recoñecido Reumatólogo en España)
Poderás facer todas as preguntas que queiras! De forma totalmente gratuíta :)
Podes apuntarche aquí!
Pulsa na seguinte ligazón:
Máis información pulsando sobre a imaxe.
18 de outubro de 2018
Convivir coa artrite
Para nós é un pracer poder compartir dous vídeos que gravamos coa empresa farmacéutica Lilly, tendo como protagonistas a dúas socias de ConArtritis, nos que contan brevemente a súa convivencia coa artrite reumatoide.
8 de outubro de 2018
Un café con artrite.
Desde ConArtritis Santiago, convidámosche a participar o día 13 de Octubro dende as 16:00 ata as 20:00, de "Un café con artrite".
Estaremos en Área Central para dar a coñecer un pouco as dificultades que teñen as persoas con Artrite e o complicado que é para elas algo tan cotián como tomar un café.
Noutros sitios xa o fixeron, toma un café connosco.
Estaremos en Área Central para dar a coñecer un pouco as dificultades que teñen as persoas con Artrite e o complicado que é para elas algo tan cotián como tomar un café.
Noutros sitios xa o fixeron, toma un café connosco.
2 de outubro de 2018
"Deichate Ver"
Un ano máis nosa cidade iluminouse de verde o 01 de Outubro polo día da artrite e a espondiloartrite.
Os lugares que se pintaron de verde por todos nós foron:
Cidade da Cultura
Pazo de Raxoi
Pazo de Raxoi
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)