Amosando publicacións coa etiqueta exercicio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta exercicio. Amosar todas as publicacións

24 de abril de 2016

Exercicio físico, clave na artrite

"O exercicio físico debería formar parte do tratamento da artrite" afirma a reumatóloga Dra. Raquel Almodóvar. E así nolo quere transmitir tamén ConArtritis, no marco da súa campaña "Activ@ frente a la artritis, mes a mes", que dedica este mes de abril a destacar a importancia e beneficios do exercicio físico para as persoas con artrite.
A práctica do exercicio físico (adaptado sempre ás características e necesidades de cada persoa) produce beneficios como mellorar a calidade do óso e das articulacións, diminuír a dor, evitar o sobrepeso, mellora cardiovascular, etc.
Ademáis, dende ConArtritis, dannos as claves para realizar exercicio de xeito adecuado. 
O exercicio físico, un aliado máis.
Ampliar información.

13 de outubro de 2013

O exercicio físico, clave na artrite reumatoide.

No marco da presentación da campaña "Outubro, mes da artrite", púxose o acento na importancia do exercicio físico como un hábito moi recomendable para as e os pacientes de artrite reumatoide.

A artrite reumatoide diferénciase doutras enfermidades crónicas en que o seu tratamento non se basea unicamente en tomar os medicamentos correspondentes. O paciente ten que manterse activo aínda que teña dor, siga as indicacións do seu médico a pesares de que desaparezan os síntomas e acuda ao fisioterapeuta de forma regular, entre outras medidas.

Segundo un estudo dos doutores Juan Antonio Olmo Fernández-Delgado, do Servizo de Rehabilitación do Hospital Comarcal do Noroeste (Murcia), e José Antonio García, do Servizo de Reumatoloxía da Clínica Sol e Mar (Murcia), a práctica continuada de exercicio físico é recomendable e inflúe positivamente en diversos aspectos da evolución da artrite, algo que podería estar relacionado cos cambios no sistema inmunitario que provoca o exercicio.
Permanecer activos mellora a forza muscular dos pacientes, o que favorece que as articulacións sufran menos. "O exercicio físico incrementa a amplitude de movemento, a capacidade de amortecemento e a flexibilidade das articulacións", explica o presidente da SER, quen engade que "non" se deben esquecer os aspectos psicolóxicos, xa que o deporte aumenta a autoestima, diminúe a ansiedade, mellora o estado de ánimo e o equilibrio emocional e, ademais, aumenta a distracción".

O exemplo de Maje Navarro

Mª Jesús Navarro
Un exemplo de como o exercicio físico reduce os síntomas da artrite reumatoide é a atleta profesional María Jesús Navarro, cara visible da campaña de ConArtritis e a quen lle diagnosticaron esta enfermidade aos 18 anos.

Nese momento o seu médico díxolle que tería que deixar o deporte, gardar repouso absoluto e mentalizarse de que podería rematar nunha cadeira de rodas. Tras oito anos sen correr, volveu crer nela e cambiou ese futuro que o predestinaran. Hoxe, a pesar da artrite, Maje Navarro compite a nivel profesional en ultramaratóns.

11 de xaneiro de 2013

Obradoiro sobre exercicio e saúde na artrite

A Escola Galega de Saúde para Cidadáns organiza un obradoiro gratuíto sobre exercicio e saúde na artrite. 
Obxectivos:


  • Mellorar a información sobre a actividade física nas enfermidades crónicas ós pacientes, familiares e cidadáns en xeral
  • Proporcionar pautas de actuación ós coidadores e familiares para mellorar a calidade de vida. 
  • Fomentar o exercicio físico a todos os membros da familia.
Contidos xerais:
  • Exercicio físico nas enfermedades crónicas.
  • Actividades saudables.
  • Práctica e exemplos de técnicas.
A inscrición debe facerse a través da web da Escola (enlace).
  • Onde: no Hospital Clínico de Santiago, na Aula ·D (bloque D, andar 1, aula3)
  • Cando: o 30 de xaneiro de 2013 de 17:30 a 20:30



4 de xuño de 2012

Un manual para facer Exercicio tendo Artrite reumatoide

A Coordinadora Nacional de Artrite, ConArtritis, coa colaboración de Abbott, lanzou un libro de axuda ao exercicio para persoas con artrite reumatoide, o primeiro manual que clasifica a rehabilitación en distintas fases en función do nivel de discapacidade e o perfil dos pacientes.

O manual está xa dispoñible en www.conartritis.org e www.reumatologiasalud.es. Este manual establece diferentes exercicios de distinta duración de acordo coa fase na que se encontre o paciente. Así, indica unha serie determinada de exercicios para aquelas persoas que se encontren en fases precoces da enfermidade, é dicir, que teñen capacidade completa para realizar todas as actividades cotiás e de ocio, aínda que con certa dor moderada ou controlada. Para os pacientes en fase de estado, que empezan a padecer limitacións importantes, a rehabilitación é distinta e recoméndanse outras prácticas. Por último, establécense diferentes actuacións para as persoas en fase avanzada, debido ás deformidades articulares que padecen e a axuda frecuente que necesitan.