A Coordinadora Nacional de Artrite, ConArtritis, coa colaboración de Abbott,
lanzou un libro de axuda ao exercicio para persoas con artrite
reumatoide, o primeiro manual que clasifica a rehabilitación en
distintas fases en función do nivel de discapacidade e o perfil dos
pacientes.
O manual está xa dispoñible en www.conartritis.org e www.reumatologiasalud.es. Este manual establece diferentes exercicios de distinta duración de acordo coa fase na que se encontre o paciente. Así, indica unha serie determinada de exercicios para aquelas persoas que se encontren en fases precoces da enfermidade, é dicir, que teñen capacidade completa para realizar todas as actividades cotiás e de ocio, aínda que con certa dor moderada ou controlada. Para os pacientes en fase de estado, que empezan a padecer limitacións importantes, a rehabilitación é distinta e recoméndanse outras prácticas. Por último, establécense diferentes actuacións para as persoas en fase avanzada, debido ás deformidades articulares que padecen e a axuda frecuente que necesitan.

0 comentarios:
Fai un comentario: