Amosando publicacións coa etiqueta meditación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta meditación. Amosar todas as publicacións

26 de decembro de 2014

Ampliamos a actividade de TaiChi e Meditación

Comecemos o ano con bo pé. E qué mellor maneira de facelo que practicando algunha actividade para o coidado da nosa saúde.
As actividades de Meditación e Tai Chi axúdannos a reducir a tensión muscular ofrecendo un alivio da dor e por conseguinte fan que nos sintamos moito mellor.
Por isto, anunciamos que ampliamos a oferta desta actividade, que ademais de ofrecerse no CSC de Fontiñas, tamén se fará no CABES.
  • Lugar: Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES), R/ Manuel María nº 6, Santiago (Zona Salgueiriños). (Ximnasio).
  • Inicio da actividade: 12 de xaneiro do 2015.
  • Grupo mínimo: 6 persoas.

TAI CHI:
  • Luns e mércores de 17 a 18 h.
  • Prezo socios/as: 25 € trimestre.
  • Prezo non socios/as: 50€ trimestre.

MEDITACIÓN:
  • Lunes e mércores de 18 a 19 h.
  • Prezo socios/as: 25 € trimestre.
  • Prezo non socios/as: 50 € trimestre.

INSCRICIÓN NAS DÚAS ACTIVIDADES: 
  • Prezo socios/as: 40 € trimestre.
  • Prezo non socios/as: 80 € trimestre.
Para inscribirte, podes facelo a través do email da asociación: info@artrite-santiago.org ou ao tlf: 659 084 950.




6 de setembro de 2014

Novos cursos de Tai Chi, Chi Kung e Meditación


O prazo de inscrición está aberto ata o día 14 de setembro. Para inscribirse contactar no email info@artrite-santiago.org ou tlf. 659.084.950. 

As clases impartiranse no Centro Sociocultural de Fontiñas, e os horarios serán os seguintes:
Tai Chi: martes e xoves de 09:00h a 10:00h.
Chi Kung: martes de 10:00h a 11:00h.
Meditación: xoves de 10:00h a 11:00h.



A través de séculos de práctica en China, observouse que as persoas que practicaban Tai Chi e Chi Kung tiñan un gran vigor e calidade de vida ata idades moi avanzadas. 
  
Hoxe, a práctica do Chi Kung e Tai Chi Tradicional está alcanzando gran consideración dentro da comunidade médica, non só no ámbito das enfermidades consideradas reumáticas como a artrite, osteoartrite, ou fibromialxia,  polos seus beneficios terapéuticos, xa que provocan un fortalecemento de ósos (densidade mineral ósea), músculos e tendóns, melloran a circulación enerxética e sanguínea, estimulan a función dos órganos internos e incrementan a capacidade de relaxación, concentración e memoria, ademais de serenar a mente.

A práctica do Tai Chi Tradicional e do Chi Kung non se limita a paliar a dor e a inflamación, senón a recuperar a fortaleza e vigor de todo o corpo.


Gracias a práctica da Meditación, podemos volvernos moito máis conscientes de nós mesmos, comprender e transformar os estados de ansiedade, frustración e axitación mental, enfado, apego...etc.... e en consecuencia regresar a un estado de paz, alegría e benestar que nos permitan ser plenos. A nivel físico, este estado tradúcese nunha mellora global no funcionamento de tódos os sistemas do corpo, por exemplo o sistema inmunolóxico, dixestivo, circulatorio, cardíaco e por suposto o muscular e articular.

Actividades en setembro

Despois do descanso estival, o mes de setembro preséntase cargado de actividades para a Asociación de Artrite de Santiago. Un adianto:
  • Ata o 14 de setembro está aberto o prazo de inscrición para o novo curso de Tai Chi, Chi Kung e Meditación.   
  •  O 18 de setembro, charla do Dr. Manuel Pombo, sobre Ensaios Clínicos.
  • O 28 de setembro, saída cultural ás Rías Baixas, visitando O Grove, Illa da Toxa, Sanxenxo e Combarro.
Nos próximos días iremos informando detalladamente de cada actividade.



19 de xuño de 2014

Meditación, Tai-chi e Chi Kung tamén en xullo

Este ano por primeira vez poderemos contar cun "mes extra" de Meditación, Chi Kung e Tai Chi Clásico, xa que seguimos a actividade durante o mes de Xullo. Seguiremos disfrutando no exterior e con máis horas de Tai Chi á semana que nunca:

Toda a información sobre horarios, prezos, etc. en http://orient-arte.blogspot.com.es

"Só medramos cando somos desafiados.... Os músculos non se fortalecen sen resistencia... As facultades mentais non se agudizan sen pensamento crítico...O espírito non se eleva sen algo que o emocione..."