Amosando publicacións coa etiqueta De paciente a paciente. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta De paciente a paciente. Amosar todas as publicacións

26 de decembro de 2013

"De paciente a paciente" volve en xaneiro

No ano 2010 a Asociación de Artrite de Santiago implicábase no proxecto "De paciente a paciente", impulsado por ConArtritis co apoio de Roche Farma.

Trátase de apoiar ao persoal sanitario dos Hospitais de Día, ofrecendo apoio emocional aos pacientes durante as horas de tratamento, así como consellos, recomendacións...

Os encontros teñen lugar nos propios Hospitais de Día e son desenvolvidos por persoas voluntarias pacientes de artrite, que polo tanto comprenden perfectamente as dificultades e emocións que leva consigo o padecemento desta doenza, e poden aportar a súa experiencia e información útil.

A partir de xaneiro volve este proxecto ao Hospital Clínico de Santiago, da man da AAS. Será os xoves a partir das 10:30 h. no despacho 038.


19 de agosto de 2011

De paciente a paciente en Santiago

O proxecto "De paciente a paciente" edita un newsletter que recolle, no seu último número, a experiencia levada a cabo no Hospital Clínico de Santiago de Compostela, e inclúe unha entrevista a Marisa Balado, presidenta da Asociación que exerce como voluntaria neste proxecto de apoio emocional e acompañamento a pacientes.

Ver newsletter nº 2.
Ver outros newsletter do proxecto.
Máis información sobre o proxecto "De paciente a paciente"

8 de setembro de 2010

De paciente a paciente


A Asociación de Artrite de Santiago comeza este novo proxecto, De paciente a paciente, que se desenvolverá no hospital de día de Reumatoloxía do Clínico de Santiago.

É un programa promovido por ConArtritis, que consiste en que persoas aqueixadas de artrite reumatoide ensinen a outras a enfrentarse a este mal, pois é moi importante o apoio emocional e o acompañamento que poden prestar aquelas persoas que xa teñen pasado polas mesmas situacións previamente e que pola súa propia experiencia poden ensinarlles a afrontar cada paso da enfermidade, aportándolles incluso información útil para o día a día.
Nos últimos días, varios medios de comunicación fixéronse eco deste proxecto que acaba de comezar. Podedes velo na sección prensa.