28 de setembro de 2015

A Lotería Nacional rende homenaxe ás persoas con artrite


O décimo do sorteo de Lotería Nacional do 1 de outubro, dedicado a "Outubro, mes da artrite e a espondiloartrite"
  • Nesta data celébrase o Día Nacional da Artrite, patoloxía crónica que en España afecta a máis dun millón de persoas.
  • O décimo de Lotería Nacional incluirá a imaxe da campaña "Outubro, mes da artrite e a espondiloartrite" que organiza a Coordinadora Nacional de Artrite xunto con outras asociacións de pacientes entre as que se atopan a Asociación de Artrite de Santiago.

Coincidindo co Día da Artrite, que se celebra o próximo 1 de outubro, o décimo do sorteo de Lotería  Nacional desa data estará dedicado ás persoas que padecen esta enfermidade, ao incluír a imaxe da campaña "Outubro, mes da artrite e a espondiloartrite", que organiza a Coordinadora Nacional de Artrite (ConArtritis), xunto con outras  asociacións de pacientes entre as que se atopa  a Asociación de Artrite de Santiago

Todas estas entidades son as encargadas de organizar esta acción baixo o lema "Tu bienestar, sí es posible!", e desenvolverán ao longo de outubro diferentes actividades, co fin de facer máis visible a realidade das persoas que padecen artrite reumatoide, artrite psoriásica, artrite idiopática xuvenil e espondiloartritis.

 
La campaña incluirá la celebración de diversas jornadas y mesas informativas en 20 ciudades de España. El objetivo es informar y formar a la sociedad sobre estas enfermedades que afectan a más de un millón de personas en nuestro país, así como aportar pautas que fomenten el bienestar de quienes las padecen y de sus allegados.

A campaña incluirá a celebración de diversas xornadas e mesas informativas en 20 cidades de España. O obxectivo é informar e formar á sociedade sobre estas enfermidades que afectan a máis dun millón de persoas no noso país, así como achegar pautas que fomenten o benestar de quen as padece e dos seus achegados.

Queremos agradecer a Loterías y Apuestas del Estado que nos ayude a dar visibilidad a estas enfermedades, para así concienciar a la sociedad sobre la realidad que viven las personas que las padecen. De esta forma también transmitimos el trabajo que hacemos las asociaciones de pacientes, ofreciendo información veraz y de calidad, y dando el apoyo que muchas de estas personas necesitan para convivir con la patología, aumentando, en la medida de lo posible, su calidad de vida”, asegura Antonio I. Torralba, presidente de ConArtritis, quien fue recibido por la presidenta de Loterías y Apuestas del Estado, Dña. Inmaculada García Martínez, en la sede de la institución.

“Esta labor social de concienciación, formación e información, que realizan las asociaciones de pacientes, debe ser reconocida y valorada, con el fin de que las asociaciones seamos considerados un agente más del sistema sanitario”, apunta Antonio I. Torralba.

Dna. Inmaculada García Martínez, presidenta de Loterías y Apuestas del Estado facendo entrega do décimo conmemorativo a D. Antonio I. Torralba, presidente da Coordinadora Nacional de Artritis.


Toda a información de “Octubre, mes de la artritis y la espondiloartritis” aquí.

26 de setembro de 2015

Arthrikin, unha aplicación para a rehabilitación da artrite

Arthrikin é o nome da aplicación desenvolvida por Javier Dorado Chaparro, estudante da Escola Superior de Informática de Ciudad Real (Universidade de Castilla La Mancha), que pretende ser de gran axuda para as persoas que padecen artrite.

O proxecto consiste en converter a Kinect (
dispositivo que permite controlar e interactuar cunha consola simplemente usando a voz ou os xestos) nun dispositivo que supervise os exercicios de rehabilitación, de tal forma que, con tan só conectalo a un computador, as persoas que padecen artrite terán un rehabilitador na casa.  Esta sinxela aplicación será de gran axuda especialmente a quen presenta mobilidade reducida ou necesita usar unha cadeira de rodas.

Javier Dorado desenvolveu Arthrikin (Arthritis Rehabilitation for Kinect) coa axuda da Asociación Cidade Real de Enfermos de Artrite Reumatoide (ACREAR), asociación membro de ConArtritis



Esta aplicación será presentada polo seu creador na Xornada Nacional de Artrite organizada por ACREAR, o vindeiro 17 de outubro en Ciudad Real.

Mais información sobre a aplicación. 

24 de setembro de 2015

Taller: Discapacidade nas enfermidades reumáticas.

O vindeiro 23 de outubro organizamos, no marco da Escola Galega de Saúde para Cidadáns, un taller sobre a discapacidade nas enfermedades reumáticas, impartido pola avogada e colaboradora da asociación Emilia Vázquez e a traballadora social da EOXI de Santiago Begoña Lehmkuhl.

Neste taller, informarase sobre:
  • Tipos de discapacidade e os seus grados.
  • O certificado de discapacidade.
  • Tramitación e procedemento do certificado.
  • Actividades saudable e boas posturas.
  • Beneficios e vantaxes do certificado.
Xa se pode realizar a inscrición gratuita a través da web da Escola, ou ben chamando á asociación para que formalicemos a inscrición directamente dende aquí.
De seguro será de gran interese, polo que esperamos unha ampla participación.

Ver programa.
Acceso ao formulario de inscrición


Data: 23 de outubro, de 17:00 a 20:00 h.
Lugar: Aula 3 - Edificio de Docencia do Hospital Clínico de Santiago.

21 de setembro de 2015

XI Xornada Nacional de Artrite.

Ao longo do mes de outubro, ConArtritis, as súas asociacións membro e outras convidadas á campaña “Octubre, mes de la artritis y la espondiloartritis” organizan Xornadas informativas onde diferentes profesionais médicos, sociosanitarios e os propios pacientes ofrecen charlas formativas e divulgativas. Estas xornadas, que van xa pola súa XI edición, tamén se celebran en Santiago; concretamente será o vindeiro 16 de outubro no Hospital Clínico de Santiago.

PROGRAMA

Descargar díptico informativo. 


Data: 16 de outubro de 2015. De 17:00 a 20:00 h.
Lugar: Hospital Clínico de Santiago. Sala Nº 1.

As asociacións de pacientes somos un axente máis dentro do Sistema Nacional de Saúde que traballamos para fomentar o benestar das persoas que representamos. Comenzamos coñecendo a súa situación, dúbidas , estado físico e psicolóxico, así como o dos seus familiares, é dicir, todos os aspectos que inflúen na súa calidade de vida, para posteriormente ofrecerlles información, servizos, remitirlles ó especialista que mellor lles poida axudar, reclamar os seus dereitos e mostrarllos a sociedade para que se teñan en conta.
Co noso labor, co que se consegue aumentar o coñecemento e o benestar das persoas con artrite, éstos no só melloran a súa calidade de vida, senón que tamén son máis conscientes da súa situación, da importancia que ten que sean activos frente a súa enfermidade, volvéndose corresponsables do seu estado de saúde, o que beneficia a toda a sociedade.
Déixanos axudarte porque "O teu benestAR, ¡é posible!"

20 de setembro de 2015

Outubro, mes da artrite, 2015: Mesas informativas

O mes de outubro chega cargado de actividades. 

A primeira delas está enmarcada na campaña "Outubro, mes da artrite", que impulsa ConArtritis, este ano baixo o lema "Tu bienestar, ¡sí, es posible!" 

Trátase das mesas informativas sobre artrite que organizamos cada ano, e que desta volta terán lugar o día 1 de outubro no Hospital Clínico de Santiago na porta principal e na porta de consultas externas, no Hospital Provincial de Conxo na porta principal, e no centro de saúde Concepción Arenal tamén na porta principal. 

Calquera poderá achegarse e preguntarnos todas as dúbidas que teñan ademáis de levar material informativo sobre a enfermidade. 

Data: 1 de outubro de 2015.
Lugares:
  • Hospital Clínico de Santiago (porta principal e porta de consultas externas)
  • Hospital Provincial de Conxo (porta principal)
  • Centro de saúde Concepción Arenal (porta principal)
 Aquí deixamos unhas fotos de edicións anteriores destas mesas informativas:





9 de setembro de 2015

ParaArtritis.es

Dende a área Social de ACREAR están colaborando na elaboración dun website informativo e tenda online de axudas técnicas para a vida diaria. Co fin de que as persoas con mobilidade reducida poidamos comprar con facilidade estes artigos.

A idea xurdiu porque en ocasións os socios e socias de ACREAR comentaron que non sempre é doado atopar algunhas axudas técnicas nos establecemientos ortopédicos tradicionais.

Moi interesante para botar un vistazo por se nalgún momento necesitades dela. Dende ACREAR tamén animan incluso a demandar artigos que non vexades e que pensedes que son necesarios. Os vosos comentarios tamén servirán para que ParaArtritis.es poida mellorar a web e en definitiva o servizo ao colectivo.


2 de setembro de 2015

Saída cultural ao norte de Portugal

Tendo en conta as peticións recibidas polos socios en actividades anteriores a Asociación de Artrite de Santiago vai realizar unha saída cultural de tres días ó Norte de Portugal, do 18 ó 20 de setembro (de venres a domingo).

A saída realizarase o día 18 de setembro dende o Centro Sociocultural de Fontiñas sito na rúa Berlín nº 13 en Santiago as 16:00h.

O itinerario será o seguinte:

  • Día 18: Saída dende Fontiñas, cea e aloxamento na zona de Braga.
  • Día 19: día completo en Porto (visita guiada + bodega). Comida en un restaurante e pola tarde paseo en barco "Seis Pontes". Cea e aloxamento.
  • Día 20: Guimaraes-Braga. Comida no hotel e regreso.
Porto
O prezo inclue:
  • Hotel*** e autocar.
  • Pensión en réxime completo (entrada con cea e saída con comida).
  • Guía acompañante e guía local de ½ día en Porto.
  • Entrada incluída en bodega de Porto.
  • Cruceiro "Seis Pontes"
  • Seguro de viaxe.
O prazo de inscripción será do 1 o 11 de setembro. A inscripción farase por orden de chamada. Recordámoslle que antes de realizar o pago hai que facer a inscrición. 
Infórmate das diferentes modalidades de aloxamento e dos prezos chamando á Asociación ao teléfono 659 084 950.