A primeira delas está enmarcada na campaña "Outubro, mes da artrite", que impulsa ConArtritis, este ano baixo o lema "Tu bienestar, ¡sí, es posible!"
Trátase das mesas informativas sobre artrite que organizamos cada ano, e que desta volta terán lugar o día 1 de outubro no Hospital Clínico de Santiago na porta principal e na porta de consultas externas, no Hospital Provincial de Conxo na porta principal, e no centro de saúde Concepción Arenal tamén na porta principal.
Calquera poderá achegarse e preguntarnos todas as dúbidas que teñan ademáis de levar material informativo sobre a enfermidade.
Data: 1 de outubro de 2015.
Lugares:
- Hospital Clínico de Santiago (porta principal e porta de consultas externas)
- Hospital Provincial de Conxo (porta principal)
- Centro de saúde Concepción Arenal (porta principal)
0 comentarios:
Fai un comentario: