26 de setembro de 2015

Arthrikin, unha aplicación para a rehabilitación da artrite

Arthrikin é o nome da aplicación desenvolvida por Javier Dorado Chaparro, estudante da Escola Superior de Informática de Ciudad Real (Universidade de Castilla La Mancha), que pretende ser de gran axuda para as persoas que padecen artrite.

O proxecto consiste en converter a Kinect (
dispositivo que permite controlar e interactuar cunha consola simplemente usando a voz ou os xestos) nun dispositivo que supervise os exercicios de rehabilitación, de tal forma que, con tan só conectalo a un computador, as persoas que padecen artrite terán un rehabilitador na casa.  Esta sinxela aplicación será de gran axuda especialmente a quen presenta mobilidade reducida ou necesita usar unha cadeira de rodas.

Javier Dorado desenvolveu Arthrikin (Arthritis Rehabilitation for Kinect) coa axuda da Asociación Cidade Real de Enfermos de Artrite Reumatoide (ACREAR), asociación membro de ConArtritis



Esta aplicación será presentada polo seu creador na Xornada Nacional de Artrite organizada por ACREAR, o vindeiro 17 de outubro en Ciudad Real.

Mais información sobre a aplicación. 

0 comentarios:

Fai un comentario: