2 de setembro de 2015

Saída cultural ao norte de Portugal

Tendo en conta as peticións recibidas polos socios en actividades anteriores a Asociación de Artrite de Santiago vai realizar unha saída cultural de tres días ó Norte de Portugal, do 18 ó 20 de setembro (de venres a domingo).

A saída realizarase o día 18 de setembro dende o Centro Sociocultural de Fontiñas sito na rúa Berlín nº 13 en Santiago as 16:00h.

O itinerario será o seguinte:

  • Día 18: Saída dende Fontiñas, cea e aloxamento na zona de Braga.
  • Día 19: día completo en Porto (visita guiada + bodega). Comida en un restaurante e pola tarde paseo en barco "Seis Pontes". Cea e aloxamento.
  • Día 20: Guimaraes-Braga. Comida no hotel e regreso.
Porto
O prezo inclue:
  • Hotel*** e autocar.
  • Pensión en réxime completo (entrada con cea e saída con comida).
  • Guía acompañante e guía local de ½ día en Porto.
  • Entrada incluída en bodega de Porto.
  • Cruceiro "Seis Pontes"
  • Seguro de viaxe.
O prazo de inscripción será do 1 o 11 de setembro. A inscripción farase por orden de chamada. Recordámoslle que antes de realizar o pago hai que facer a inscrición. 
Infórmate das diferentes modalidades de aloxamento e dos prezos chamando á Asociación ao teléfono 659 084 950.
 

0 comentarios:

Fai un comentario: