A Asociación de Artrite de Santiago foi connvidada á Xornada Técnica "Mellorando xuntos na abordaxe das enfermidades reumáticas e muscoloesqueléticas", celebrada o 20 de outubro no Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, en Madrid, onde se presentou a Estratexia en Enfermidades Reumáticas e Muscoloesqueléticas do Sistema Nacional de Saúde e no que tamén se presentaron os distintos programas que se están a levar a cabo en diferentes comunidades para mellorar o abordaxe das enfermidades reumáticas e musculoesqueléticas.
O día 30 de outubro celebrouse o taller impartido pola Dra. Eva Pérez Pampín sobre a prevención de infeccións nas enfermedades reumáticas no Hospital Clínico de Santiago, no que se explicou a importancia da vacinación tanto da gripe como do pneumococo, e cómo previr infeccións, onde se destacou tamén a importancia dunha boa hixiene bucodental.