ConArtritis arranca coa campaña "Mi Gesto por la Artritis" co obxectivo de lanzar
unha mensaxe de apoio a todas as persoas que padecen esta enfermidade.
"Mi Gesto por la Artritis" é unha campaña divulgativa que quere
brindar o seu apoio a todas esas persoas que conviven a diario coa artrite.
Calcúlase que en España máis de 200.000 persoas sofren esta enfermidade que
leva asociada unha enorme diminución da calidade de vida de quen a padece. Coa estas
mensaxes de apoio preténdese que os pacientes e os seus familiares non se sintan
sós/soas.
Esta campaña compleméntase cuns vídeos e recursos que se irán publicando
paulatinamente a disposición dos pacientes con consellos de expertos,
exercicios e actividades que farán a súa vida un pouco máis doada.
Queres
participar co teu xesto pola artrite? Anímate, só tes que subir unha foto coa
túa mensaxe a Facebook ou en Twitterco hashtag #MiGestoporlaArtritis Todo suma!
Consellos sobre exercicio físico:
A artrite reumatoide causa dor e rixidez nas articulacións e os tendóns e, por iso, é importante que permaneza activo e que manteña o corpo todo o flexible que poida. O exercicio moderado pode axudar a promover a saúde articular, potenciar a forza muscular e aumentar a flexibilidade e a resistencia.
Pero antes de comezar cun programa de exercicio, fale co seu médico ou con outro profesional sanitario.
Recorde que non debe esforzarse en exceso. Se se lle hinchan as articulacións ou nota unha dor intensa, deixe que os músculo e as articulacións se recuperen antes de reanudar o plan de exercicio.
Extraído do folleto "Consejos para llevar una vida plena con Artritis Reumatoide", editado por MSD