27 de outubro de 2017

Doutor, por qué me receita esta medicación?



Queremos contarlles que, como poderedes ver no folleto adxunto, o 9 de novembro terá lugar no Hospital Clínico de Santiago de Compostela a nosa terceira charla da Escola de Pacientes. 

O tema para tratar esta vez será:
Doutor, por que me receita esta medicación? 


A Dra. Eva Pérez Pampín explicaranos que medicación hai dispoñible e cales son as pautas para dar un tratamento ou outro. Tamén contestará a todas as nosas preguntas e dúbidas.


  • Lugar: Entrada Consultas Externas - 1ºPlanta - Sala 4 de Docencia
  • Hora: 19h00


Rogamos comuníquenos a súa asistencia chamando ao nº de teléfono da Asociación: 659 084 950 ou ao email: info@artrite-santiago.org en horario de 9:00 a 13:00 de luns a venres.

Para charlas próximas, agradeceríamos contásennos cales son os vosos temas de interese relacionados coa enfermidade para tentar enfocar estes encontros para aclarar posibles dúbidas coas que vos enfrontedes.

Esperamos contar con vostede nesta charla.

17 de outubro de 2017

II Congreso Nacional de Pacientes de Espondiloartritis

Mándannos información do II Congreso Nacional de Pacientes de Espondiloartritis que terá lugar en Aranjuez os días 27, 28, 29 de outubro. Está organizado por CEADE, Coordinadora Española de Asociacións de Espondiloartritis, e celebrarase os días 27, 28 e 29 de outubro, en Aranxuez.

Declarado de interese social pola Sociedade Española de Reumatoloxía.

Se fose de interese, podedes poñervos en contacto con AAS ao 659 084 950, e podémoslles facer chegar o resto da información.