31 de marzo de 2017

Xornada 30 de Marzo: Grazas!


Estupenda participación na Xornada Informativa de Vida activa, nutrición e saúde ósea. Aprendemos moitas cousas, entre outras, debemos coidar os nosos ósos e previr a osteoporose. Tomar sol, para a vitamina D (que axuda a fixar o Calcio ) e tomar produtos lácteos para o Calcio. Quedar con que temos que tomar 4 racións de produtos lácteos ao día: é a cantidade que necesitamos para manter o nivel de calcio no corpo e por tanto os nosos ósos fortes. Non nos esquezamos de practicar deporte, dentro das posibilidades de cada un. Grazas a todos pola vosa participación!



22 de marzo de 2017

NOVIDADES DE É-SAÚDE: ACCESO DELEGADO

Chéganos esta información de Atención ao cidadán e calidade, e parécenos importante transmitilo ao maior número de cidadáns. Grazas por compartir!



Como sabedes, a Plataforma É-Saúde, desenvolvida coa colaboración de moitos de vós, foi pensada para que os cidadáns galegos teñamos acceso dende calquera dispositivo fixo ou móbil á nosa historia de saúde, medicación, cursos da Escola Galega de Saúde para Cidadáns e tantas outras funcionalidades que esperamos vos resulten de interese.

No desenvolvemento deste ambicioso proxecto, imos dar un novo paso, importantísimo, cremos.

Dende o día 1 de abril, estará dispoñible a posibilidade, para calquera cidadán con tarxeta sanitaria, non só de acceder á súa propia historia e datos, senón á de terceiras persoas (familiares, fillos, pais a cargo, etc.) Isto chámase "ACCESO DELEGADO".

Convidámoste a coñecer mellor esta ferramenta e as súas potencialidades. Estamos seguros de que vos vai resultar moi útil.

Preparamos toda a información que cremos que poida axudarvos, e está dispoñible na páxina web do Sergas:  http://www.sergas.es

Se queres ir directamente á información relacionada con É-Saúde, e en concreto ás novidades sobre o acceso delegado, o enlace é:

http://www.sergas.es/Colectivos?idcat=11046&idcatgrupo=11354.


Animámosvos tamén a dala a coñecer aos vosos asociados e particulares. Como vos dicíamos, é unha ferramenta para os cidadáns e para os pacientes, e só ten sentido se para vós é de interese e utilidade.

Saída Sociocultural Anual

O 18 de marzo tivemos a nosa saída sociocultural anual. Foi unha xornada completa e marabillosa onde o tempo acompáñonos.


Empezamos por unha visita a fabríca de queixos BO QUEIXO, onde nos explicarón o proceso de fabricación dos seus queixos. Tamén nos deron a oportunidade de probalos, e tal foi o éxito que poucos fomos os que non levamos un queixo debaixo do brazo.

Logo presentámonos en Casa Rafael, onde nos puxeron tremendo cocido: 3 horas estivemos ao gozar.

E para rematar fomos ao  Centro de Interpretación do Pico Sacro, onde nos falaron das marabillas que escondía e nin curtos, nin preguiceiros, subímonos ao PICO SACRO.




Xornada Memorable!

15 de marzo de 2017

ESCOLA DE PACIENTES




O  9 de marzo tivemos unha charla no Hospital Clínico co Xefe de Reumatoloxía, o Dr. Antonio Mera Varela, para falar do EMBARAZO NA ENFERMIDADE REUMÁTICA.

Foi unha charla amena, e moi participativa que deixo claro un concepto básico. Nestas enfermidades, e á hora de decidir quedar embarazada, o fundamental é PLANIFICAR. A enfermidade debe estar en remisión (mínimo un ano) e en todo momento o reumatólogo ten que estar ao tanto para proceder aos cambios  necesarios na medicación.

Non será fácil, nin inmediato, pero hoxe en día e actuando sempre en colaboración cos seus especialistas, os embarazos  chegan a bo termino sen secuelas aparentes para o recentemente nado.



9 de marzo de 2017

Estudo "Experiencias psíquicas en poboación con enfermidade reumática"

Debido ao alto número de persoas con artrites afectados de ansiedade e depresión, pero tamén tendo en conta a literatura científica na que se indica a posibilidade de que a artrite sexa un factor protector fronte a enfermidades psíquicas, o Hospital Universitario Raíña Sofía de Córdoba puxo en marcha un estudo para valorar a posible relación.

A Coordinadora Nacional de Artrite, ConArtritis, sendo consciente da importancia da posta en marcha de estudos como este, participa na súa elaboración.

Se ti tamén queres poñer da tua parte para que se siga estudando  á artrite, co obxectivo de que poida ser tratada máis aló das afeccións reumáticas, podes participar neste estudo a través desta ligazón:



É un estudo completamente anónimo e só levaralle uns minutos. Pódeno realizar tanto persoas que padezan a enfermidade como quen non a padezan xa que se quere realizar unha comparativa.

Poden compartir esta información coas persoas da súa contorna.

Xornada Informativa: Vida Activa, nutrición e saúde ósea

O próximo 30 de marzo tendra lugar no salón de actos do Centro Sociocultural de Fontiñas (Ruá Berlin, 13) ás 10:00h unha Xornada Informativa onde se explicarán os factores de risco da osteoporose, se mostrarán pautas para mellorar os hábitos de alimentación e estilo de vida.

A xornada ofrecerá unha conferencia sobre pautas de alimentación e actividade física na prevención das enfermidades óseas e un taller onde se practicarán densitometrías con ultrasonidos no nocello a todas as persoas que o desexen. Desa maneira, saberemos como están os nosos ósos. Será unha charla amena e interesante. Ademais, tendo en conta a lista de espera para efectuar unha densitometría e a importancia que ten coñecer o estado dos nosos ósos, pareceunos fundamental participar na organización desta xornada e instamos a todos os nosos socios que non dubiden en participar.

A programación se desarollará da maneira seguinte

                                 10.00h:    Densitometrías
                                 11.30h:    Conferencia
                                 13.00h:    Coctel

Na Conferencia participarán:
  • Dr. Manuel Díaz Curiel, Presidente de FHOEMO (Fundación Hispana de Osteoporose e Enfermidades Metabólicas Óseas)
  • Dr. Jesús Román Martínez, Presidente do Comité Científico da Sociedade Española de Dietética e Ciencias da Alimentación (SEDCA)
  • Dr. Pablo Olabe, Doutor en Fisioterapia


Rogamos comuníquenos a súa asistencia chamando ao nº de teléfono da Asociación: 659 084 950 ou ao email: info@artrite-santiago.org en horario de 9:00 a 13:00 de luns a venres. A inscrición será por orde de chamada e a data límite será o 27 de marzo. 

3 de marzo de 2017

Termas de Cuntis: Oferta semana santa

Queremos informar a todos os nosos socios da oferta de Termas de Cuntis para grupos de minimo 15 persoas en Semana Santa. Para máis información ou para reservas, chamar ao 986 53 25 25.