O próximo 30 de marzo tendra lugar no salón de actos do Centro Sociocultural de Fontiñas (Ruá Berlin, 13) ás 10:00h unha Xornada Informativa onde se explicarán os factores de risco da osteoporose, se mostrarán pautas para mellorar os hábitos de alimentación e estilo de vida.
A xornada ofrecerá unha conferencia sobre pautas de alimentación e actividade física na prevención das enfermidades óseas e un taller onde se practicarán densitometrías con ultrasonidos no nocello a todas as persoas que o desexen. Desa maneira, saberemos como están os nosos ósos. Será unha charla amena e interesante. Ademais, tendo en conta a lista de espera para efectuar unha densitometría e a importancia que ten coñecer o estado dos nosos ósos, pareceunos fundamental participar na organización desta xornada e instamos a todos os nosos socios que non dubiden en participar.
A programación se desarollará da maneira seguinte:
10.00h: Densitometrías
11.30h: Conferencia
13.00h: Coctel
Na Conferencia participarán:
- Dr. Manuel Díaz Curiel, Presidente de FHOEMO (Fundación Hispana de Osteoporose e Enfermidades Metabólicas Óseas)
- Dr. Jesús Román Martínez, Presidente do Comité Científico da Sociedade Española de Dietética e Ciencias da Alimentación (SEDCA)
- Dr. Pablo Olabe, Doutor en Fisioterapia
Rogamos comuníquenos a súa asistencia chamando ao nº de teléfono da Asociación: 659 084 950 ou ao email: info@artrite-santiago.org en horario de 9:00 a 13:00 de luns a venres. A inscrición será por orde de chamada e a data límite será o 27 de marzo.
0 comentarios:
Fai un comentario: