A
través deste servizo, ConArtritis vai axudar aos pacientes a encontrar traballo
e ofrecerá información sobre as necesidades e situación deste colectivo para
favorecer a súa integración no mundo laboral.
Co obxectivo de cubrir as
necesidades dos traballadores con artrite reumatoide, a Coordinadora
Nacional de Artrite, ConArtritis, coa colaboración de Fundación ONCE a
través de COCEMFE (Confederación
Coordinadora Estatal de Minusválidos Físicos de España), puxo en marcha o
primeiro "Servizo de información e orientación socio-laboral para
persoas con artrite" (SIL).
A través
del, facilitarase a busca de emprego a quen o solicite, tendo en conta
os seus perfís e situación. Á súa vez, tamén se resolverán dúbidas sobre
o ámbito laboral e impartiranse cursos de formación e orientación
centrados nas súas necesidades, crearase unha bolsa de emprego, e
organizaranse charlas e reunións de concienciación en empresas.
En qué
consiste o SIL
A
atención pode solicitarse e recibirse persoalmente na sede de ConArtritis, pero
tamén se habilitou un correo electrónico e un teléfono para reforzar o servizo.
Á vez, a web de ConArtritis irá engadindo e actualizando os contidos máis
destacados.
Con
este servizo, orientarase ás persoas que o necesiten para adquirir as
habilidades necesarias para a súa inserción no mundo laboral a través dos seguintes
pasos:
- Entrevista inicial para
realizar un diagnóstico da súa situación laboral, na que se detectarán as
necesidades nas habilidades socio-laborais.
- Creación dun Plan
Individualizado de mellora da empregabilidade.
- Orientación laboral.
- Búsqueda activa de emprego.
- Seguimento.
Como acceder ao servizo:
- De forma presencial: Sede
de ConArtritis. C/ Cea Bermúdez 14-B, 2ºD
28003. Madrid.
- Correo electrónico: laboral@conartritis.org
- Teléfono: 91 535 21 41