9 de abril de 2015

Servizo de información e orientación laboral de ConArtritis (SIL)



A través deste servizo, ConArtritis vai axudar aos pacientes a encontrar traballo e ofrecerá información sobre as necesidades e situación deste colectivo para favorecer a súa integración no mundo laboral.

Co obxectivo de cubrir as necesidades dos traballadores con artrite reumatoide, a Coordinadora Nacional de Artrite, ConArtritis, coa colaboración de Fundación ONCE a través de COCEMFE (Confederación Coordinadora Estatal de Minusválidos Físicos de España), puxo en marcha o primeiro "Servizo de información e orientación socio-laboral para persoas con artrite" (SIL).
A través del, facilitarase a busca de emprego a quen o solicite, tendo en conta os seus perfís e situación. Á súa vez, tamén se resolverán dúbidas sobre o ámbito laboral e impartiranse cursos de formación e orientación centrados nas súas necesidades, crearase unha bolsa de emprego, e organizaranse charlas e reunións de concienciación en empresas.


En qué consiste o SIL
A atención pode solicitarse e recibirse persoalmente na sede de ConArtritis, pero tamén se habilitou un correo electrónico e un teléfono para reforzar o servizo. Á vez, a web de ConArtritis irá engadindo e actualizando os contidos máis destacados.
Con este servizo, orientarase ás persoas que o necesiten para adquirir as habilidades necesarias para a súa inserción no mundo laboral a través dos seguintes pasos:
  • Entrevista inicial para realizar un diagnóstico da súa situación laboral, na que se detectarán as necesidades nas habilidades socio-laborais.
  • Creación dun Plan Individualizado de mellora da empregabilidade.
  • Orientación laboral.
  • Búsqueda activa de emprego.
  • Seguimento.

Como acceder ao servizo:
  • De forma presencial: Sede de ConArtritis. C/ Cea Bermúdez 14-B, 2ºD 28003. Madrid.
  • Correo electrónico: laboral@conartritis.org
  • Teléfono: 91 535 21 41





0 comentarios:

Fai un comentario: