Amosando publicacións coa etiqueta campaña. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta campaña. Amosar todas as publicacións

7 de decembro de 2016

Tapóns solidarios para a Artrite Idiopática Xuvenil



Como anunciamos hai un tempo, a Asociación de Artrite de Santiago únese á campaña impulsada por ConArtritis -e grazas ás empresas Fremap e Sending- para a recollida de tapóns para recadar fondos que se destinarán á organización de actividades coas que mellorar a calidade de vida dos nenos e nenas con artrite idiopática xuvenil.

Na comarca de Compostela xa contamos cos seguintes lugares de recollida:

Se queres colaborar coa campaña, ademais de facelo recollendo tapóns e levándoo a un destes puntos, tamén podes crear un punto de recollida. Pode ser no teu lugar de traballo, no teu ximnasio, no colexio dos teus fillos... só tes que pedir permiso, se é necesario, e colocar unha caixa ou bolsa co cartel que podes descargar aquí. O único que debes ter en conta é que unha vez que se recompile un número importante de tapóns, alguén ten que levalos a algún centro Fremap. A campaña estará activa ata maio de 2017 polo que hai tempo para participar e facer un voluntariado activo nesta campaña dunha forma moi sinxela. 

Alégranos poder comunicar que o centro deportivo a Telleira, de Bertamiráns, xa recolleu 7 bolsóns grandes de tapóns, aquí están:










E seguen xuntandomáis! Moitísimas grazas!

Tamén todo o noso agradecemento ao Colexio Vilas Alborada, ademais de constituírse como punto de recollida, interesouse pola iniciativa, e a Asociación de Artrite de Santiago irá a dar charlas informativas aos diferentes cursos. Os primeiros en recibirnos serán os alumnos de infantil de 5 anos, a quen lles explicaremos o que é a artrite a través de contos infantís que teñen como obxectivo explicalo dun xeito sinxelo e adaptado á súa idade.

17 de setembro de 2016

Un tapón, un paso para a Artrite Idiopática Xuvenil




A Coordinadora Nacional de Artrite puxo en marcha unha campaña que desde a ASOCIACIÓN DE ARTRITE DE SANTIAGO apoiamos coa nosa participación como asociación membro. Trátase de "Un tapón, un paso para os nenos con artrites idiopática xuvenil", campaña que se puido poñer en marcha grazas ás empresas Fremap e Sending; e que consiste na recollida de tapóns cos cales se recadarán fondos que irán destinados á planificación e organización de actividades coas que mellorar a calidade de vida dos nenos e nenas con artrite idiopática xuvenil.

Para que esta campaña sexa un éxito, unha vez máis, pedimos a colaboración de todas as socias e socios gardando tapóns para despois levalos a un centro Fremap. Podes localizar o máis próximo ao teu domicilio picando aquí.

Ademais,  podes "crear" un punto de recollida na túa oficina, tenda, ximnasio, colexio dos seus fillos... só tes que pedir permiso, se é necesario, e colocar unha caixa ou bolsa co cartel que podes descargar aquí. O único que debes ter en conta é que unha vez que se recompile un número importante de tapóns, alguén ten que levalos a algún centro Fremap, xa que non se recollerán en ningunha outra parte.


A campaña estará activa ata maio de 2017 polo que hai tempo para participar e facer un voluntariado activo nesta campaña dunha forma moi sinxela.

Se necesita máis información, consulta máis detalles na web de ConArtritis. 


Moitas grazas pola axuda!!


2 de setembro de 2016

Recollida de tapóns pola Artrite Idiopática Xuvenil




A Coordinadora Nacional de Artrite puxo en marcha unha nova campaña que desde a ASOCIACIÓN DE ARTRITE DE SANTIAGO apoiamos coa nosa participación como asociación membro. Trátase de "Un tapón, un paso para os nenos con artrites idiopática xuvenil" unha campaña que se puido poñer en marcha grazas ás empresas Fremap e Sending; e que consiste na recollida de tapóns cos cales se recadarán fondos que irán destinados á planificación e organización de actividades coas que mellorar a calidade de vida dos nenos e nenas con artrite idiopática xuvenil.

Para que esta campaña sexa un éxito, unha vez máis, pedimos a colaboración de todas as socias e socios gardando tapóns para despois levalos a un centro Fremap. Podes localizar o máis próximo ao teu domicilio picando aquí.

Ademais,  podes "crear" un punto de recollida na túa oficina, tenda, ximnasio, colexio dos seus fillos... só tes que pedir permiso, se é necesario, e colocar unha caixa ou bolsa co cartel que podes descargar aquí. O único que debes ter en conta é que unha vez que se recompile un número importante de tapóns, alguén ten que levalos a algún centro Fremap, xa que non se recollerán en ningunha outra parte.


A campaña estará activa ata maio de 2017 polo que hai tempo para participar e facer un voluntariado activo nesta campaña dunha forma moi sinxela.

Se necesita máis información, consulta máis detalles na web de ConArtritis. 


Moitas grazas pola axuda, esperamos que vos resulte interesante.


26 de abril de 2016

Participa na campaña #ActivoAR

ConArtritis leva a cabo ao longo de todo este ano a campaña "Activ@ frente a la artritis reumatoide", a través da que cada mes nos informa de como facer fronte a esta enfermidade.
Ademais, calquera persoa pode participar na campaña, pois unha forma de facer visible esta enfermidade e as maneiras de afrontala é subindo fotos nas redes sociais nas que esteamos facendo algunha actividade recomendable. 

Como participar?
  1. Faite unha foto na que esteas traballando, coa familia, facendo deporte, na asociación… o ideal é que a foto vaia acorde co tema da campaña concreto dese mes (por exemplo, en abril, o exercicio físico)
  1. Subir a foto a redes sociais:
    Facebook: hai dúas opcións:
    1. Entrar na páxina de Facebook de ConArtitis
Aquí, no muro (é o único lugar onde poderás escribir), pincha na opción Foto/Vídeo e a continuación podes subir a túa foto. Podes poñer algunha frase como “Estou activo frente á artrite” e a continuación poñer a etiqueta que identifica a campaña, que é #ActivoAR (importante que sempre se poña esta etiqueta porque é a forma de localizala dentro da campaña).
A segunda forma é simplemente subindo a foto á túa páxina de Facebook e no título da foto poñer unha frase en relación á campaña e a etiqueta #ActivoAR. É conveniente que nomees á Coordinadora Nacional de Artritis, para iso só tes que poñer @ConArtritis, e se queres mencionar a asociación, @Asociación de Artrite de Santiago.
Twitter: o procedemento é moi similar ao de Facebook. Entras á túa conta de Twitter, creas un tuit novo, subes a foto e pos a frase que queiras coa etiqueta #ActivoAR e @ConArtritis.
Instagram: o procedemento é igual que Twitter. Entras  á túa conta de Twitter, creas un tuit novo, subes a foto e pos a frase que queiras coa etiqueta #ActivoAR e @ConArtritis.
A qué esperas para subir a túa foto #ActivoAR?

28 de marzo de 2015

#MigestoporlaArtritis



ConArtritis arranca coa campaña "Mi Gesto por la Artritis" co obxectivo de lanzar unha mensaxe de apoio a todas as persoas que padecen esta enfermidade.

"Mi Gesto por la Artritis" é unha campaña divulgativa que quere brindar o seu apoio a todas esas persoas que conviven a diario coa artrite. Calcúlase que en España máis de 200.000 persoas sofren esta enfermidade que leva asociada unha enorme diminución da calidade de vida de quen a padece. Coa estas mensaxes de apoio preténdese que os pacientes e os seus familiares non se sintan sós/soas.


Esta campaña compleméntase cuns vídeos e recursos que se irán publicando paulatinamente a disposición dos pacientes con consellos de expertos, exercicios e actividades que farán a súa vida un pouco máis doada.

Queres participar co teu xesto pola artrite? Anímate, só tes que subir unha foto coa túa mensaxe a Facebook ou en Twitterco hashtag #MiGestoporlaArtritis Todo suma!