Como anunciamos hai un tempo, a Asociación de Artrite de Santiago únese á campaña impulsada por ConArtritis -e grazas ás empresas Fremap e Sending- para a recollida de tapóns para recadar fondos que se destinarán á organización de actividades coas que mellorar a calidade de vida dos nenos e nenas con artrite idiopática xuvenil.
Na comarca de Compostela xa contamos cos seguintes lugares de recollida:
- Centro de Emprendemento de Cidade da Cultura, Santiago de Compostela Ver no mapa
- Fremap (Rúa das Fontiñas, Santiago de Compostela) Ver no mapa
- Colexio Vilas Alborada (Corredoira das Fraguas, 26, Santiago de Compostela) Ver no mapa
Se queres colaborar coa campaña, ademais de facelo recollendo tapóns e levándoo a un destes puntos, tamén podes crear un punto de recollida. Pode ser no teu lugar de traballo, no teu ximnasio, no colexio dos teus fillos... só tes que pedir permiso, se é necesario, e
colocar unha caixa ou bolsa co cartel que podes descargar aquí.
O único que debes ter en conta é que unha vez que se recompile un
número importante de tapóns, alguén ten que levalos a algún centro
Fremap. A campaña estará activa ata maio de 2017 polo que hai tempo para participar e facer un voluntariado activo nesta campaña dunha forma moi sinxela. Alégranos poder comunicar que o centro deportivo a Telleira, de Bertamiráns, xa recolleu 7 bolsóns grandes de tapóns, aquí están:
E seguen xuntandomáis! Moitísimas grazas!

0 comentarios:
Fai un comentario: